Ladrido, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ladrido
Ladrido.jpg
Ladrido e o Monte da Croa.
Mapa Ladrido.PNG
ConcelloOrtigueira
Área4,4 km²
Poboación275 hab. (2013)
Densidade62,5 hab./km²
Entidades de poboación29

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no leste da ría de Ortigueira, na enseada que leva o seu nome, na marxe dereita do río Baleo, que chega ao mar formando unha paraxe de grande interese natural, que de feito xunto coa ría de Ortigueira forma parte das áreas de protección medioambiental denominadas RAMSAR, ZEPA e LIC.

Limita ao norte coa ría e a parroquia de Espasante dende o regato que baixa do monte Sardiñeiras nas proximidades da Pria da Concha, polo sur as parroquias de San Salvador de Couzadoiro, e o río Baleo que a separa da parroquia do Mosteiro, polo oeste, de novo a ría, e polo leste outra vez a parroquia de San Salvador de Couzadoiro.

Está sucada polo río Baleo que na súa desembocadura forma unha grande enseada e unha barra nas proximidades da Illa de San Vicente que dificulta a entrada na baixamar. O monte máis alto da parroquia é o monte da Croa 114 metros en cuxa cima hai un castro, que foi escavado por Federico Maciñeira.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial atópase no lugar da Igrexa, é moderna de planta de cruz latina e campanario na fronte. Existe ademais unha pequena capela adicada á San Fernando, no lugar da Ponte do Baleo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ladrido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ladrido no concello coruñés de Ortigueira

Agromaior | A Areosa | O Baleo | Barbeita | Os Calvarios | A Camareta | As Cancelas | A Capela | Carballeiras | O Carballo | A Casanova | A Castilla | Os Castros | As Congostras | Cotorredondo | O Cristo | Frádega | A Furadiña | A Golpilleira | A Ponte do Baleo | A Pontenova | A Pontevella | Pormadeira | A Praza | O Rego | A Rocha | Os Rubidos | Os Sandes | O Seixo | O Torno |

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]