Píllara riscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Píllara riscada

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Arenaria
Especie: A. interpres
Nome binomial
Arenaria interpres
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución da píllara riscada.
Área de distribución da píllara riscada.

Área de distribución da píllara riscada.

A píllara riscada[2][3][4], píllara raiada, píllara raxada[5][6] ou virapedras[7] (Arenaria interpres) é unha ave da orde Charadriformes, familia Scolopacidae. Aniña en Escandinavia, sendo visible nas costas galegas durante o inverno. Mide uns 22 cm e pesa ó redor dos 110 g. Rechoncha, de plumaxe, pescozo e bico curtos, ten este último levemente torto cara a arriba e a xeito de cuña.

A súa plumaxe é marrón, canela, negra e branca. Durante a época de reprodución as femias portan na cabeza e o pescozo un patrón rechamante branco e negro. É unha ave solitaria que como moito forma pequenos grupos que defenden o seu territorio.

Atópase doadamente nas costas rochosas ou areeiras, procurando o seu alimento na baixeira (zona que fica ó descuberto entre mareas). Ten especial habilidade en escavar ou en voltear cunchas, pedras e refugallos á procura de crustáceos, moluscos ou ovos de peixes.

A especie Arenaria melanocephala habita na costa do Pacífico de Norteamérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Arenaria interpres". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  4. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  5. VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4. 
  6. Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia. 
  7. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]