Saltar ao contido

Gaivota escura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota escura
Larus fuscus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
L. fuscus Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroLarus
EspecieLarus fuscus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Larus fuscus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
Envergadura1,34 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada2,4 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de incubación
25 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01rr28 Editar o valor en Wikidata
ITIS176821 Editar o valor en Wikidata
OTT887701 Editar o valor en Wikidata
UICN22694373 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Larus fuscus graellsii

A gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa

Descrición

[editar | editar a fonte]

Un exemplar adulto mide uns 54 cm de lonxitude. A plumaxe é branca coa parte superior de cor gris lousa. O bico, moi forte, ten na parte inferior dianteira un punto vermello. As patas son na súa meirande parte amarelas. O aspecto dos machos e o das femias é semellante.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Ten catro [1] (segundo algunhas clasificacións dúas ou tres) subespecies europeas:

Distribución

[editar | editar a fonte]
Exemplar adulto
Adulto e inmaturo.

As poboacións máis importantes desta especie está no Reino Unido. Tamén son considerables as poboacións de Islandia, Illas Feroe, Escandinavia e Países Baixos. O resto de poboacións distribúense polas repúblicas bálticas ata o norte de Siberia, Francia, España , Portugal e Polonia. Son aves exclusivamente costeiras que se alimentan case exclusivamente no mar, tamén lonxe da costa. Son migratorias. Pasan o inverno desde as illas Británicas ó oeste de África. En inverno é un visitante regular das costas norteamericanas, as que chega probablemente dende Islandia.

Poboación en Galiza

[editar | editar a fonte]

A gaivota escura é principalmente invernante en Galiza aínda que tamén existen pequenas poboacións ó longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente. Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Cría en colonias á beira do mar ou en lagos. Fai o niño no chan dos acantilados. Adoita poñer tres ovos. Os exemplares novos son de cor castaña anegrada na parte superior. Tardan catro anos en chegar ó estado adulto.

  1. Gaviota sombría invernante. Revista Quercus, Nº331, Septembro 2013 (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]