Praia de Morouzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Morouzos
Praia de Morouzos 19X2013 03.jpg
Blue Flag Logo.svg
Características xerais
Lonxitude 2.000 m
Largo medio 110 m
Grao de ocupación Media
Grao de urbanización Ningún
Paseo marítimo Non
Características específicas
Composición Fina
Tipo de area Escura
Condicións do baño Ondaxe moderada
Aspectos medioambientais
Bandeira Azul Si
Accesibilidade
Tipo de acceso Pasarelas
Sinalización do acceso Si

A praia de Morouzos é o nome co que se coñece un dos extremos dun extenso areal na parroquia de Luama, no Concello de Ortigueira. O outro extremo é a praia de Cabalar. Conta cunha importante extensión dunar e dun piñeiral cunha área recreativa que conta con lareiras, bancadas e xogos infantís.

Datos[editar | editar a fonte]

Situada nunha contorna rural, trátase dun areal orientado cara ao norte na desembocadura da ría. Ten unha lonxitude aproximada de 2.000 metros e unha anchura duns 110 metros. O grao de ocupación adoita ser medio debido ao seu parcial illamento.

É característica a cor negra da area así como a ondaxe moderada. É meritoria da bandeira azul polo seu elevado número de servizos; a praia conta con aseos, duchas, pasarelas de acceso, papeleiras, servizo de limpeza, equipo de vixilancia e salvamento, sinalización de perigo, posto de socorrismo e aparcadoiro de gran capacidade.

Enfronte atópase a Illa de San Vicente, á cal pódese acceder a pé, con precaución, durante a baixamar, desde onde contemplar as vistas sobre a ría de Ortigueira.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

No piñeiral anexo á praia adoitan acampar de xeito gratuíto os asistentes ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Acampada durante o Festival Celta