Pato rabilongo
| Pato rabilongo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Anas acuta Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Sinonimia
Dafila acuta | |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Ciclo diurno
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Anseriformes | ||||||||||
| Familia | Anatidae | ||||||||||
| Subfamilia | Anatinae | ||||||||||
| Xénero | Anas | ||||||||||
| Especie | A. acuta | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

O pato rabilongo[1][2] (Anas acuta) é unha ave de familia dos anátidos (Anatidae) de distribución moi ampla
Descrición
[editar | editar a fonte]É un parrulo relativamente grande. Os machos miden entre 65 e 75 cm, as femias entre 50 e 55. Pesan entre 700 e 1.200 g. As ás teñen unha envergadura de ata 85 cm. A cola, que lle dá o seu nome á especie, é longa e en forma de punta. Nos machos pode medir 10 cm. Teñen os ollos negros e o bico e as patas grises. Na época reprodutora o macho é inconfundible: ten o corpo gris pálido, o peito branco, a cabeza negra e o pescozo branco. As femias teñen a cola máis curta, coa gorxa branca. A plumaxe ten debuxos sobre un fondo marrón. Diferénciase das femias doutras especies de parrulos polo pescozo longo e o peteiro longo e gris. Fóra da época de cría a plumaxe de femias e machos é semellante.
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría no hemisferio norte: norte de Europa e Asia, Canadá, Alasca e no Medio Oeste dos Estados Unidos É unha ave migratoria, que pasa o inverno en zonas ben ó sur da súa área de cría, chegando ata o Ecuador. Na época invernal é moi gregario e forma bandadas mesturado con outras especies.
É un parrulo de zonas húmidas abertas, como praderías húmidas e a tundra. Aliméntase principalmente de plantas, pero durante a estación reprodutora come tamén insectos acuáticos, moluscos e crustáceos. Ás veces come plantas e sementes en campos cultivados.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A época de cría vai de abril a xullo. Maduran sexualmente ó ano de idade. Durante o cortexo non son raras as persecucións aéreas, nas que varios machos acosan unha femia. O seu niño, que constrúe a femia, é unha depresión non moi fonda no chan, ben agochada na vexetación, rodeada de plantas e cuberta de plumas interiores do parrulo. Fano en sitios enxoitos, en ocasións non moi preto na auga.
Poñen de seis a doce ovos duns 5 cm de longo, de cor, en xeral, verde clara. Chócannos unhas tres semanas. Os polos poden voar cando teñen sete semanas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O seu vello nome científico era Dafila acuta.
A especie Anas eatoni, con dúas subespecies: A. eatoni eatoni (das illas Kerguelen, e A. e. drygalskyi da illa de Crozet, foron consideradas antigamente subespecies do pato rabilongo. Nesta especie os machos non desenvolven completamente a plumaxe de gala.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Os perigos meirandes para a súa subsistencia son as enfermidades e a perda dos espazos húmidos causada pola urbanización, a polución e as plantas invasoras. É unha das especies incluídas no "Acordo para a conservación das aves acuáticas migradoras de África e Eurasia" (AEWA).
Galería
[editar | editar a fonte]-
Anas acuta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pato rabilongo |
