Saltar ao contido

Gaivota chorona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota chorona
Chroicocephalus ridibundus
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. ridibundus Editar o valor en Wikidata
Taxonomía
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Larus ridibundus
Historia
 Premios e distincións
Q25378630 Traducir (2025)
Ave do Ano (2008) Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapas
Distribución
Conservación
Especie pouco preocupante
Cifras e dimensións
Masa294 g peso adulto macho
267 g peso adulto femia Editar o valor en Wikidata
Envergadura0,97 m Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaLaridae
XéneroChroicocephalus
EspecieChroicocephalus ridibundus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1766) Chroicocephalus ridibundus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01lgvx Editar o valor en Wikidata
ITIS824041 Editar o valor en Wikidata
OTT938670 Editar o valor en Wikidata
UICN22694420 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A gaivota chorona[1] (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus)[2] é unha gaivota que se pode observar en Galiza durante todo o ano, principalmente exemplares non reprodutores. A súa poboación invernante nas costas galegas estímase nuns 20 mil individuos[Cómpre referencia].

A poboación europea da gaivota chorona estímase nuns 2 millóns de exemplares[Cómpre referencia]. Ata fai pouco a súa cría en Galiza era escasa, aínda que dende finais dos anos 90 a súa cría estase a facer máis común debido ós seus costumes sedentarios.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Gaivotas choronas en voo

A gaiovota chorona é unha ave de 54–60 cm de envergadura e un peso de 210-300 gramos. É de cor branca coas ás de cor gris agás os bordos negros. A súa testa é de cor negra, durante o inverno tórnase gris ou branca segundo a idade. As súas patas son de cor laranxa ou vermello alaranxado. O seu bico é vermello.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

É unha ave oportunista, preeira que busca pequenos invertebrados ou refugallos deixados polos humanos. Adoita presentarse en grupos de 10 a 20 exemplares nos campos labrados en busca de insectos ou miñocas.

Gaivota chorona con plumaxe invernal de primeiro ano na ría de Viveiro.

A súa distribución en Galiza é irregular. Atópase principalmente nas costas galegas e nos ríos Miño, Ulla e Sil, así como na Baixa Limia.

En Europa é moi abondosa agás na Escandinavia. É sedentaria na Gran Bretaña e nos países mediterráneos. Durante o inverno emigra dende o mar Báltico ata o Mediterráneo chegando ata o norte de África. Téñense atopado exemplares ata no Canadá.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Chroicocephalus ridibundus

A gaivota chorona aniña no chan preto da auga en marismas e lagoas. Pon a partir do final de marzo 3 ovos que van dende o castaño claro a escuro con pencas; estes son chocados polos dous sexos durante 24 días; os pitos son seminidífugos e voan logo de 6 semanas.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  2. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (html) (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.