Nilómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 30°0′24.70″N 31°13′29.92″L / 30.0068611, -31.2249778

Nilómetro de Kom Ombo
Escaleira do nilómetro de Kom Ombo

En Exipto, o nilómetro era un pozo ancho con escaleira que baixaba até a camada freática e permitía así observar as flutuacións no nivel da auga por riba do curso baixo do río Nilo. Cada templo tiña un, que lle servía para calcular a intensidade da inundación anual e, en consecuencia, os impostos debidos para ese ano.

Os nilómetros máis famosos foron o da illa Elefantina, en Asuán, e o da illa de Roda, no Cairo.