Necrópole de Tebas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Necrópole de Tebas
SFEC AEH -ThebesNecropolis-2010-FULL-Overview-039.jpg
Vista aérea da necrópole de Tebas
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísExipto Exipto
TipoCultural
CriteriosI, III, VI
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador87

A Necrópole de Tebas é unha área da marxe oeste do Nilo fronte a Tebas en Exipto. Usouse en gran parte para enterros de reis e nobres, especialmente durante o Imperio Novo.

Ao longo do tempo, utilizáronse diferentes sitios: así xurdiu o Val dos Reis e o Val das Raíñas, os nobres conseguian un lugar preto do seu faraón, pero durante a XVIII dinastía construíron túmulos preferentemente en Dra Abu el-Naga e Qurna e os artesáns que traballaban nos templos funerarios e as tumbas dos faraóns construíronse as súas propias tumbas no chamado Vale dos artesáns.

A maioría das tumbas están localizadas na marxe esquerda do Nilo, xa que se pensaba que o Duat (inframundo) estaba no oeste.

Tumbas[editar | editar a fonte]

Mapa das diferentes necrópoles de Tebas. O val que se pode ver na parte superior dereita, lonxe do río, é o do Val dos Reis.

As tumbas constan de dúas partes: a tumba e un monumento funerario escavado na rocha con fachadas verticais, speos; Algunhas destes speos, ademais da parte inferior tallada na rocha, tiñan unha superficie superior construída con pedras e adobes. Como conos adornos usábanse conos funerarios, adornos de barro cocico ou pequenas pirámides, normalmente con inscricións.[1]

A tumba cavábase no chan, facendo un pozo na rocha de tamaño suficiente para permitir o paso do sarcófago. Dende a parte inferior, un corredor conducía ás cámaras funerarias, onde se colocaban o sarcófago e o axuar funerario, e logo se bloqueaba o acceso.

O santuario está situado encima, escavado horizontalmente na rocha. Consta dun corredor ao final do cal atópase a sala, decorada máis ou menos segundo o status social da familia. Colocábanse figuras do morto e da súa muller, e imaxes dos seus pais e fillos. Diante dos speos deixábase un patio aberto, onde realizábanse os últimos ritos antes do enterro, como a apertura da boca. A gran maioría das tumbas teñen o patio destruído polo paso do tempo.[2]

Desde Tutmés I, os faraóns comezaron a construír os seus santuarios lonxe das sepulturas para protexe-los dos roubos.[3] Así construíron grandes templos funerarios, que chamaron Casa do millón de anos, os máis famosos dos cales son os de Hatshepsut, construído por Senenmut e o de Ramsés II, chamado por Champollion Ramesseum. As tumbas as construíron no Val dos Reis, facendo o mesmo co raíñas e príncipes no val das Raíñas, ocultas e agrupadas, e polo tanto, máis fáciles de controlar.[3]

Identificación[editar | editar a fonte]

As tumbas identificáronse, en xeral, con dúas letras seguidas dun número que indica a orde do seu descubrimento.

  • KV: tumbas no Val dos Reis (Kings' Valley). Algúns deles levan as letras WV (West Valley, pero conservan o número que lles corresponde).
  • QV: tumbas no Val das Raíñas (Queens' Valley).
  • TT: resto das tumbas (Theban Tombs) Tumbas de Tebas, aínda que algunhas teñen as letras DB (Deir el-Bahari), mantendo a numeración.

Templos funerarios reais[editar | editar a fonte]

Templo funerario de Hatshepsut en Deir el-Bahari.
Restos do Ramesseum.
Véxase tamén: Casa do millón de anos.

Necrópoles reais[editar | editar a fonte]

Outras necrópoles[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Borchardt, Königsberger y Ricke: op. cit., pp. 5-7.
  2. Galán Allué: op. cit.
  3. 3,0 3,1 Ficha en Artehistoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]