Cristóval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mapa das freguesías de Melgaço. A cor azul representa a Cristóval, o verde claro representa ás freguesías de ribeira, e a cor escura ás freguesías de montaña.

Cristóval é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço. Segundo o INE en 2001 tiña 615 habitantes[1]. Ten 4,74 km² de área, cunha densidade de poboación de 111,4 hab./km².

Está situada ao sur do río Miño ao oeste do río Barxas, facendo fronteira con Galiza a través de Ponte Barxas. O punto máis setentrional de todo Portugal é a aldea de Cevide.

O seu sector laboral é baseado na agricultura e o pecuario, o pequeno comercio, a pequena industria e a apicultura.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da Poboación desde 1864 ata 2011 e evolución dos Grupos Etarios (2001 e 2011)

Evolución da poboación 1864 / 2011 Variación da poboación 1864 / 2011 A poboación en 2001 A poboación en 2011

Igrexa de Cristóval.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial, cruceiro de S. Gregorio, do Señor dos Aflitos, da Señora da Paz
  • Capela de Santo Antón
  • Santuario de Nosa Señora de Fátima

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "População residente, segundo a dimensão dos lugares, população isolada, embarcada, corpo diplomático e sexo, por idade (ano a ano)". Instituto Nacional de Estatística (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]