Donetsk
Донецьк (uk) Донецк (ru) | |||||
Epónimo | John Hughes, Iosif Stalin e Rio Donets (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Territorio reivindicado por | Rusia (2022–) | ||||
Estado | Ucraína | ||||
Óblasts | Oblast de Donetsk (pt) | ||||
Raião da Ucrânia (pt) | Donetsk Raion (en) | ||||
Hromada (en) | Donetsk Hromada (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Budyonny Raion (en) Kalinin Raion (en) Kirovskyi District, Donetsk (en) Kuibyshevskyi District, Donetsk (en) Kyiv District (en) Leninskyi District (en) Petrovsky District, Donetsk (en) Proletarskyi Raion (en) Voroshylovskyi District (Donetsk) (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 901.645 (2022) (2.518,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Relixión | religion in Donetsk (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 358 km² | ||||
Bañado por | Rio Kalmius (pt) | ||||
Altitude | 169 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | John Hughes | ||||
Creación | 1869 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexey Kulemzin (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 283000–283497 e 83000–83497 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 622 e 623 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gorod-donetsk.com | ||||
Donetsk[1] é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.
A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.
Historia
[editar | editar a fonte]A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio.
En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) [1] Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).
En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou ou seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).
Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.
Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donetsk |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guía de Donetsk (en inglés)