Los Angeles Galaxy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Angeles Galaxy
Nome Los Angeles Galaxy
Fundación 1995
Estadio The Home Depot Center,
Carson, California
Estados Unidos
Inauguración 2003
Capacidade 27.000
Propietario Flag of the United States.svg AEG
Presidente Flag of the United States.svg Philip Anschutz
Adestrador Flag of the United States.svg Bruce Arena
Liga Major League Soccer
2014 Oeste: 2º
Global: 2º
Playoffs: Campións
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Foi fundado en 1995 e xoga na MLS (Major League Soccer) dos Estados Unidos. O LA Galaxy xoga no StubHub Center en Carson, California. Compartía estadio co xa desaparecido Chivas USA. O equipo xoga na Conferencia Oeste da Major League Soccer.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos:[editar | editar a fonte]

Los Angeles Galaxy foron un dos dez equipos que fundaron a Major League Soccer que comezou a xogarse no ano 1996. Na súa primeira tempada o equipo quedou primeiro na liga regular na Conferencia Oeste, e chegou a final da MLS Cup perdendoa fronte o D.C. United. Na seguinte tempada, acabaron segundos na fase regular e eliminados na primeira ronda dos playoffs. Tanto no ano 1998 como no 1999 quedou primeiro na fase regular. No ano 1999 volveu a chegar a final e volveuna a perder fronte o D.C. United.

Comezan os títulos:[editar | editar a fonte]

No ano 2000 logran gañar o seu primeiro e único titulo internacional ata hoxe, a Copa de Campións da CONCACAF obtida fronte ao Olimpia de Honduras.Os seus dous primeiros titulos da MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution.

A chegada de estrelas internacionais:[editar | editar a fonte]

O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.

No ano 2009 lograron chegar de novo a MLS Cup perdendo nos penaltis(5-4) fronte o Real Salt Lake. Nos anos 2010 e 2011 gañaron a MLS Supporters' Shield, no 2011 tamén lograron gañar a MLS Cup por terceira vez na súa historia. O ano 2012 foi un ano importante para o equipo californiano xa que volveu a gañar a MLS Cup, como o ano anterior fronte o Houston Dynamo, e ademáis foi o ano da despedida de David Beckham do clube, xa que decidiu marchar ao PSG francés. Despois da saídado inglés, anunciouse a chegada doutra estrela, o internacional irlandés Robbie Keane. Los Angeles Galaxy conseguiron a súa quinta MLS Cup no ano 2014, e como xa o fixera nas dúas primeiras fronte o New England Revolution.

No ano 2014 anunciouse a firma para a seguinte tempada do capitán do Liverpool, Steven Gerrard.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta ouro cunha franxa verde, pantalón verde, medias ouro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha franxa ouro, pantalón branco, medias brancas.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro Actual[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR Flag of Jamaica.svg Donovan Ricketts
2 DEF Flag of the United States.svg Todd Dunivant
3 MED Finlandia Mika Väyrynen
4 DEF Flag of the United States.svg Omar Gonzalez
5 MED Flag of the United States.svg Jose Villarreal
6 MED Flag of the United States.svg Baggio Husidić
7 DEL Flag of Ireland.svg Robbie Keane
8 MED Inglaterra Steven Gerrard
9 DEL Flag of the United States.svg Alan Gordon
10 DEL Flag of Mexico.svg Giovani dos Santos
11 DEL Flag of the United States.svg Gyasi Zardes
12 POR Flag of the United States.svg Brian Rowe
14 DEF Flag of the United States.svg Robbie Rogers
15 MED España Ignacio Maganto
16 DEL Flag of the United States.svg Edson Buddle
Posto País Xogador
17 MED Flag of the United States.svg Sebastian Lletget
19 MED Flag of Brazil.svg Juninho
20 DEF Flag of Guam.svg A. J. DeLaGarza
21 DEF Flag of the United States.svg Tommy Meyer
22 DEF Flag of Brazil.svg Leonardo
24 POR Flag of the United States.svg Brian Perk
25 MED Flag of the United States.svg Rafael Garcia
27 DEF Flag of the United States.svg Dave Romney
31 POR Flag of the United States.svg Andrew Wolverton
32 DEL Flag of the United States.svg Jack McBean
33 DEF Flag of the United States.svg Dan Gargan
34 MED Flag of the United States.svg Kenney Walker
36 DEF Flag of the United States.svg Oscar Sorto
38 DEL Flag of the United States.svg Bradford Jamieson IV
40 DEL Flag of Mexico.svg Raúl Mendiola

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]