Bolton Wanderers F.C.
Bolton Wanderers | |||
---|---|---|---|
Nome | Bolton Wanderers Football Club | ||
Alcume(s) | The Trotters | ||
Fundación | 1874 | ||
Estadio | Reebok Stadium, Bolton, Inglaterra | ||
Inauguración | 1 de setembro de 1997 | ||
Capacidade | 28.723 | ||
Presidente | Phil Gartside | ||
Adestrador | Dougie Freedman | ||
Liga | The Championship | ||
2013–14 | 14º | ||
Vestimenta | Reebok | ||
Patrocinador | 188BET | ||
Na rede | |||
http://www.bwfc.co.uk/ | |||
| |||
O Bolton Wanderers Football Club é un equipo profesional de fútbol inglés, situado na cidade metropolitana de Bolton, no Gran Manchester. Membro fundador da Football League, o Bolton tivo a súa primeira etapa de éxito na década de 1920, cando gañaron a FA Cup até en tres ocasións. Xa no ano 1958 o club consegue o seu cuarto título de copa grazas aos dous goles de Nat Lofthouse. Con todo o club pouco a pouco comezou a decaer, chegando a xogar na Fourth Division (Cuarta División) en 1987, mais volvendo á máxima categoría tan só quince anos despois, en 1995. O seu último ascenso á Premier League foi en 2001, onde se manteñen na actualidade.
Na tempada 2005-06 o club xogou nunha competición europea por primeira vez, chegando á ronda de dezaseisavos de final da Copa da UEFA. Dúas tempadas despois o club repite participación nesa competición tras acadar o sétimo posto da liga inglesa, chegando esta vez a oitavos de final. O Bolton Wanderers trasladouse ao seu actual estadio, o Reebok Stadium, en 1997, tras xogar durante 102 anos en Burden Park. Cómpre destacar que o Bolton é o equipo que máis tempadas xogou na máxima categoría do fútbol inglés sen ter gañado o campionato de liga, sendo a tempada 2008–09 a súa participación número setenta.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]O Bolton Wanderers foi fundado en 1874, cando estudantes da Christ Church Sunday School da cidade de Bolton, no Gran Manchester, crearon un club de lecer, co obxectivo de fomentar a práctica do deporte. Tres anos despois este novo club adoptaría o nome Bolton Wanderers. Nos seus comezos, o equipo gañou fama disputando campionatos rexionais de menor importancia, sendo o primeiro gran desafío en 1881-82, cando participou por primeira vez na Copa de Inglaterra, o principal torneo da época. A pesar dalgúns fracasos, o equipo conseguiu confirmarse como un dos máis notables da época, tanto que foi convidado a participar da primeira edición da Football League en 1888.
Até a fin do século XIX a única pasaxe memorsble para a historia do Bolton foi en 1895, cando o equipo pasou a xogar no Burnden Park, un estadio recentemente-construído que, posteriormente, ficaría coñecido como un dos grandes escenarios da historia do fútbol inglés. En campo, o Bolton só facía temporadas medianas. A pesar de non ficar ameazado pola caída, tamén nunca chegou preto das primeiras posicións.
Primeira metade do século XX
[editar | editar a fonte]A situación empeoraría coa chegada do século XX, cando despois dunha mala tempada en 1901-02 acaba relegado á segunda división. Con todo, o retorno á categoría non tardou, aínda que unha vez máis non significaría batallar por títulos. Así, o Bolton comezaría a súa historia como un dos equipos "ascensor", que acostuma alternar moito de división. Os trocos só comezarían tras a paralización do fútbol na segunda metade da década de 1910, por mor do transcurso da primeira guerra mundial. No inicio dos anos 1920 o Bolton lograría as súas maiores glorias até a actualidade.
Neste período o club conquistou tres das súas catro Copas de Inglaterra. A primeira foi en 1922-23, diante dun rexistro de público histórico, 150.000 espectadores na primeira final disputada no estadio de Wembley. Con David Jack e John Smith no elenco, o equipo bateu o West Ham (nesa época en Segunda División). Tres anos despois, David Jack volvería a ser o heroe do segundo trofeo da competición, esta vez fronte o Manchester City, cun resultado de 1 a 0 con gol seu. A emoción tamén estaría presente no terceiro título. Desta vez, os responsables foron Billy Butler e Harold Blackmore, que marcaron os dous goles na vitoria por 2 a 0 sobre o Portsmouth nos quince minutos finais.
O bo momento, porén, acabaría coa chegada da década de 1930. Nese período, o Bolton descendeu novamente cara a división inferior, e o seu retorno non acontecería até a tempada 1934-35, dando inicio a vinte e nove anos consecutivos de permanencia. No entanto, estar entre os mellores non significou ser un deles, e o Bolton dificilmente conseguiu aproximarse as primeiras posicións da Liga inglesa. Curiosamente, o seu único gran momento foi deixado de lado pola situación en que aconteceu. Durante a paralización do campionato inglés por mor da segunda guerra mundial, entre os anos 1940 e 1946, os equipos continuaron en actividade disputando o que chamaban Campionato de Fútbol da Guerra. Ese torneo era dividido de acordo coas posicións xeográficas de cada equipo. En 1944-45, o Bolton vence ao Manchester United, xa nesa época un dos maiores clubs do país, na rolda norte da disputa, e no enfrontamento co Chelsea, campión da rolda sur, o equipo novamente sae vitorioso, conseguindo se campión do Campionato Fútbol da Guerra. Porén, o título non está recoñecido como un título de liga.
Co retorno das competicións, o Bolton non mostrou o mesmo desempeño, e só volvería destacar nos anos 1950. Na segunda metade desta década, o equipo conseguiu seu cuarto e último título da FA Cup. O grande artífice daquel trofeo foi o seleccionable Nat Lofthouse, así na tempada 1957-58, na final contra o Manchester United, marcou os dous goles da vitoria por 2 a 0. A xeración vencedora, como outras na historia da agrupación, duraría pouco.
Finais do século XX e actualidade
[editar | editar a fonte]Con iso, nas décadas subsecuentes, o Bolton volvería á normalidade de ascensos e descensos na liga, non conseguindo nunca nin unha estabilidade na primeira división nin unha campaña razoable entre os mellores. Nos anos 1960 e 1970, o club alternou entre a segunda e a primeira división. Na década de 1980, a situación foi a peor, xa que despois dalgunhas tempadas na terceira división, o equipo chegou, en 1987, a caer na cuarta.
De aí en diante, o equipo precisou de moito esforzo para recuperar seu prestixio. Comezou a facelo en 199-93, ao eliminar o poderoso Liverpool da Copa de Inglaterra. Dous anos despois, o Bolton alcanzou novamente a primeira división. Na tempada 2007-08, despois de dúas participacións na Copa da UEFA, o Bolton tiña grandes esperanzas en disputar ben os campionatos, porén a pesar das moitas contratacións, non obtivo éxito. O equipo rematou en 16º lugar na liga inglesa, e nin chegou a sequera a poder disputar a Copa Intertoto, que lles puido dar un pase á Copa da UEFA.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Cadro actualizado a 30 de xaneiro de 2010.[1]
|
|
Cedidos
[editar | editar a fonte]
|
|
Récords de xogadores
[editar | editar a fonte]Estatísticas a 24 de maio de 2009. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Bolton Wanderers.
Partidos xogados
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Eddie Hopkinson | 1952–1970 | 578 | 0 |
2 | Roy Greaves | 1965–1980 | 575 | 66 |
3 | Alex Finney | 1922–1937 | 530 | 2 |
4 | Warwick Rimmer | 1960–1975 | 528 | 17 |
5 | Bryan Edwards | 1947–1965 | 518 | 8 |
6 | Ted Vizard | 1910–1931 | 512 | 70 |
7 | Paul Jones | 1970–1983 | 506 | 41 |
8 | Nat Lofthouse | 1946–1960 | 503 | 285 |
9 | Roy Hartle | 1952–1966 | 499 | 11 |
10 | Joe Smith | 1908–1927 | 492 | 277 |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Goles | Aparicións | Goles por partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | Nat Lofthouse | 1946–1960 | 285 | 503 | 0.567 |
2 | Joe Smith | 1908–1927 | 277 | 492 | 0.563 |
3 | David Jack | 1920–1928 | 161 | 295 | 0.546 |
4 | Jack Milsom | ????–???? | 153 | ??? | ??? |
5 | Ray Westwood | 1928–1947 | 144 | 301 | 0.478 |
6 | Willie Moir | 1943-1955 | 134 | 325 | 0.412 |
7 | John Byrom | 1966–1976 | 130 | 304 | 0.428 |
8 | Harold Blackmore | 1927–1932 | 122 | ??? | ??? |
9 | Neil Whatmore | 1973-1981/1982-1983/1983-1984/1987-1988 | 121 | 294 | 0.412 |
10 | John McGinlay | 1992–1997 | 118 | 245 | 0.482 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]- Máximo goleador de Europa
Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Bolton Wanderers:
- Samuel Marsh (26 goles) – 1905
- Albert Shepherd (26 goles) – 1906
Palmarés
[editar | editar a fonte]Nacional
[editar | editar a fonte]Liga
[editar | editar a fonte]- Second Division (hoxe First Division): 3 (1)
- Third Division: 1
Copas
[editar | editar a fonte]- FA Cup: 4
- FA Charity/Community Shield: 1
- Lancashire Cup: 11
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profiles". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2010.