Saltar ao contido

General Motors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 General Motors
Logotipo
Imaxe
 Parte de
 Nome oficial
General Motors Company (en) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
 Presidente/a
 Director/a executivo/a
Mary Barra (pt) Traducir 15 de xaneiro de 2014
Roger Smith 1981 - 1990
Alfred P. Sloan (pt) Traducir 1923 - 1946 Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal164000 (2019) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Membro de
 En sociedade con
Economía
 Industria
 Bolsa de valores
Ingresos totais156735000000 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto9934000000 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
Activos totais208300000000 $ (decembro de 2017) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
16 de setembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios e distincións
Silver Anvil Award (en) Traducir (1994)
Silver Anvil Award (en) Traducir (1978)
Silver Anvil Award (en) Traducir (1976) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF149730335 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403963355 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/035nm Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI118136607 e C2984901469 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: generalmotors Twitter: GM Instagram: generalmotors Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

General Motors Company, polo xeral denominada General Motors (GM), é unha empresa multinacional estadounidense con sede en Detroit que deseña, fabrica, comercializa e distribúe vehículos, e pezas, e mais tamén vende servizos financeiros. GM produce automóbiles e camións en 35 países. A compañía fundouna William C. Durant o 16 de setembro de 1908, e foi o meirande fabricante de automóbiles de 1931 a 2007.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

No ano 2008 vendeu 8.350.000[2] vehículos, acadando os 10 millóns en 2016.[3]. As marcas actuais que comercializa son Baojun, Buick, Cadillac, Chevrolet, GMC, Holden e Wuling. No pasado tamén comercializou Daewoo, McLaughlin, Oakland, Oldsmobile, Pontiac, Hummer, Saab, Saturn, así como Vauxhall e Opel (esta última mercada polo Grupo PSA en 2017).

As partes e accesorios de vehículos comercialízanse baixo as marcas GM Performance Parts, GM Goodwrench e ACDelco nos concesionarios de General Motors a través de GM Service and Parts Operations. Os motores e transmisións subminístraos GM Powertrain. GM tamén conta cunha sección comercial para créditos e seguros por medio do GMAC Financial Services; tamén ofrece un servizo de seguridade, información e seguridade a través da súa filial OnStar.

A actual compañía, General Motors Company ("nova GM") formouse en 2009 logo da creba de General Motors Corporation ("vella GM"), que se converteu en Motors Liquidation Company. A nova empresa mercou a maioría dos activos da vella GM, incluíndo "General Motors".

  1. Marr, Kendra (22 de xaneiro de 2009). "Toyota Passes GM as World's Largest Automaker". The Washington Post.
  2. Media.gm.com, ed. (21 de xaneiro de 2009). "GM Media Online". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o June 1, 2009.
  3. Isidore, Chris. CNN, ed. "GM sells 10 million cars for first time thanks to China". Consultado o A 3 de abril de 2018.