David de Gea
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de novembro de 1990 Madrid | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 189 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1 de agosto de 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 43 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Edurne García Almagro (2023–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sitio web | daviddegea.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
David de Gea Quintana, nado en Madrid o 7 de novembro de 1990, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual club é o Manchester United F.C.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu circunstancialmente en Madrid o 7 de novembro de 1990 e criouse en Illescas (Toledo). Empezou a xogar ao fútbol con 8 anos na escola da localidade de Casarrubuelos (Madrid), posteriormente estivo xogando no Colexio Castilla (Torrejón de la Calzada) cando tiña 12 anos, e con 14 anos chamárono do Atlético de Madrid. Con 16 foi convocado para xogar coa Selección Española sub-16 e aos 19 xogou o seu primeiro partido en Primeira División.
Atlético de Madrid
[editar | editar a fonte]O 30 de setembro de 2009 debutou, debido á lesión do porteiro titular do equipo, Roberto, nun partido oficial co primeiro equipo do Atlético de Madrid, nun encontro de Liga de Campións que enfrontaba ao Atlético contra o FC Porto no Estádio do Dragão.[1] O 3 de outubro debuta no Estadio Vicente Calderón e detén un penalti; o seu equipo vence por 2-1 ao Zaragoza e sae ovacionado pola afección colchoneira.[2] O 24 de outubro de 2009 xoga o seu segundo partido na Liga contra o Mallorca, o resultado é de 1-1.
No partido pertencente á ida dos dezaseisavos de final da UEFA Europa League, que o seu club disputou o 18 de febreiro de 2010 no Estadio Vicente Calderón, lesionouse tendo que ser substituído por Asenjo no minuto 25 da segunda parte, cando o equipo gañaba 1 a 0 (gol de Reyes) ao Galatasaray turco. Poucos minutos logo de ser substituído os turcos empataban o encontro, nunha desafortunada saída do meta Asenjo, sendo este o resultado final.
O 12 de maio de 2010, De Gea xoga como porteiro titular do Atlético de Madrid na final da UEFA Europa League, gañándolla ao Fulham por 2-1, con ambos os goles do dianteiro uruguaio Diego Forlán. En dita final, David de Gea realiza varias paradas de mérito cando o marcador reflectía o 1-1, evitando así a derrota do seu equipo.
O 19 de maio de 2010, tan só unha semana logo da primeira final, disputa a segunda consecutiva, esta vez da Copa do Rei. O Atlético perde contra o Sevilla FC por dous goles a cero. Dita final disputouse no Camp Nou de Barcelona.
O 27 de agosto de 2010, o Atlético xoga a final da Supercopa de Europa contra o Inter de Milán. O porteiro madrileño detén un penalti a Diego Milito nos últimos minutos de partido e proclámase campión, sendo o resultado final do partido dous a cero.
Foi galardoado como Xogador Revelación da tempada 2009–10.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]De Gea formou parte da selección española que se foi campioa do Europeo sub-17 e subcampioa no Mundial Sub-17 de 2007.
O 10 de maio de 2010, foi incluído por Vicente del Bosque na preselección de 30 xogadores que poderían representar a España na Copa Mundial de Suráfrica de 2010.[3] Con todo finalmente foi descartado na lista definitiva de 23 xogadores que deu o 20 de maio.
O 25 de xuño de 2011 proclamouse campión da Eurocopa sub-21.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]A columna goles refírese a goles encaixados. Actualizado a 26 de xaneiro de 2011.
| Club | Tempada | Categoría | Liga | Copa | Europa League | Champions League | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||
| 2009/10 | Primeira División | 19 | 28 | 7 | 10 | 8 | 7 | 1 | 2 | 35 | 47 | |
| 2010/11 | Primeira División | 20 | 24 | 5 | 5 | 5 | 6 | - | - | 30 | 35 | |
| Total | 39 | 52 | 12 | 15 | 13 | 13 | 1 | 2 | 65 | 82 | ||
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | Pais | Ano |
|---|---|---|---|
| Premier League | Manchester United FC | Inglaterra | 2013 |
Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]| Título | Club | Pais | Ano |
|---|---|---|---|
| UEFA Europa League | Atlético de Madrid | España | 2010 |
| Supercopa de Europa | Atlético de Madrid | España | 2010 |
Campionatos de seleccións
[editar | editar a fonte]| Título | Selección | Ano |
|---|---|---|
| Campionato Europeo Sub-17 | Selección española Sub-17 | 2007 |
| Eurocopa sub-21 | Selección española sub-21 | 2011 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]| Distinción | Ano |
|---|---|
| Xogador Revelación da tempada 2009/10 | 2010 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Roberto rompe e debuta De Gea". Marca. Madrid, España. 30 de setembro de 2009. Consultado o 17 de outubro de 2009.
- ↑ Walter Zimmermann (5 de outubro de 2009). "¡Felicidades, David!". Mundo Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2010.
- ↑
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1990
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012