Copa Mundial de Clubs da FIFA
| Tipo | campionato do mundo de clubs |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Organizador | FIFA |
| Número de participantes | 7 |
| Localización e Datas | |
| Vixencia | 2000 – |
| Calendario da tempada | febreiro – febreiro |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Datos estatísticos | |
| Partidos | 8 |
| Outro | |
| Páxina web oficial | fifa.com… |
O Mundial de Clubs FIFA, máis coñecido simplemente como Mundial de Clubs, é unha competición internacional de clubs de fútbol organizada cada catro anos pola FIFA.[1][2][3] A primeira edición do torneo disputouse no ano 2000 co nome de Campionato Mundial de Clubs da FIFA, participando nel os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA (AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC). Non se celebrou entre 2001 e 2004 debido a unha combinación de factores, entre eles a caída de International Sport and Leisure (ISL), o principal socio comercial da FIFA. Foi recuperada en 2005 como unha competición anual, formato no que se disputou ata 2023. A continuación o torneo foi reestruturado de novo e dende 2025 celébrase cada catro anos coa participación de 32 clubs. A importancia e prestixio do Mundial de Clubs é materia de debate dende os seus inicios.
O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.[4] disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).
O palmarés do torneo está dominado de xeito case absoluto polos clubs europeos, que acumulan 16 vitorias, por 4 de clubs da CONMEBOL, mentres que o resto de confederacións non suman ningún título.

Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipos | Federación | Vitorias |
|---|---|---|
| Real Madrid | 3 | |
| FC Barcelona | 3 | |
| Sport Club Corinthians Paulista | 2 | |
| São Paulo FC | 1 | |
| Sport Club Internacional | 1 | |
| AC Milan | 1 | |
| Manchester United | 1 | |
| Football Club Internazionale Milano | 1 | |
| Bayern München | 1 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Liga de Campións da UEFA
- Copa Libertadores
- Liga de Campións da CAF
- Liga de Campións da AFC
- Liga de Campións da CONCACAF
- Liga de Campións da OFC
- Copa Intercontinental de Fútbol
- Equipos de fútbol campións do mundo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Mundial de Clubs no sitio web da FIFAArquivado 12 de decembro de 2017 en Wayback Machine.
Notes
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIFA Club World Championship TOYOTA Cup 2005" (PDF). FIFA Report 2005 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 5, 19. decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Report 2017 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association): Páxinas 15, 40, 41, 42. decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "FIFA Club World Cup 2017" (PDF). FIFA Regulation CWC 2017 Páxina 37 (Zürich: Fédération Internationale de Football Association). decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ url=http://resources.fifa.com/mm/document/fifafacts/mencompcwc/02/67/91/87/statskit_fcwc2017_event_neutral.pdf Arquivado 30 de decembro de 2017 en Wayback Machine. |título=Statistical Kit 2017 |editor=Documento Fédération Internationale de Football Association|Páxinas=15, 40, 41, 42.