Umbro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Umbro
Logo Umbro.png
Tipo Perteneciente a Iconix Brand[1]
Fundación 1924
Localización Inglaterra Cheadle,
Gran Manchester, Inglaterra
Fundador Harold e Wallace Humphreys (Hermanos Humphreys)
Persoas clave Peter McGuigan,
Nigel Doughty
Industria Téxtil
Produtos Calzado, accesorios,
uniformes deportivos
Páxina web www.umbro.com

Umbro é unha compañía inglesa fabricante de calzado, roupa deportiva e outros produtos relacionados có fútbol, o deporte en xeral e a moda, sendo os seus produtos vendidos en máis de 90 países de todo o mundo. A súa sede principal atopase en Cheadle, Gran Manchester, Inglaterra.

En outubro de 2007 foi mercada pola súa competidora estadounidense Nike. A finais de 2012 Nike vendeuna a Iconix Brand Group.

Umbro é a actual abastecedora de roupa deportiva das seleccións de: Serbia, Guatemala, Canadá, Perú, Azerbaiyán, Groenlandia, Malaui, Mauritania, Tayikistán, Turkmenistán, Zimbabue e O Salvador. Ademais viste a 86 clubs profesionales de ligas de Europa, América e Asia.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Umbro é unha das marcas de indumentaria deportiva máis recoñecidas a nivel mundial.

A compañía foi fundada en 1910 en Wilmslow, Cheshire como Humphreys Brothers Clothing. En 1924 mudou o seu nome a Umbro, unha contracción do nome anterior Humphreys Brothers.

• 1924 - Harold Humphreys establece Umbro co seu irmán Wallace

• 1934 - Umbro abastece equipaciones ós finalistas da FA Cup, e polo menos un equipo na final da vindeira década. Para axudar o esforzo da guerra, as fábricas de Umbro utilizanse para facelos uniformes das forzas británicas, e incluso facer accesorios para o interior de bombardeiros Lancaster .

• 1961 - Umbro comeza a vendelas innovadoras botas de fútbol de Adidas no Reino Unido, parte dun acordo exclusivo cá compañía alemá.

• 1966 - 15 dos 16 equipos na Copa do Mundo de Inglaterra están equipados coa marca Umbro. Só a Unión Soviética, que accedera a levar equipación desta marca, non cumpleu có acordo. Ao mesmo tempo, Umbro estaba a abastecer kits para o 85% dos clubs británicos.

• 1967 - Celtic FC convirtese no primeiro club británico en gañala Copa de Europa de clubs, utilizando kits de Umbro.

• 1970 - Umbro crea as súas camisolas estilo 'aztecas' para a Copa do Mundo.

• 1977 - Liverpool FC gaña unha liga e dúas Copas de Europa de clubs, o inicio da súa década de éxito no fútbol. Gran parte deste período cá marca dos rombos.

• 1980 - Un período de expansión masiva de Umbro, có crecemento da popularidade do fútbol nos EE.UU. e o éxito entre os nenos estadounidenses de Umbro.

• Década de 1990 - AFC Ajax de Ámsterdam, gaña a Liga de Campións da UEFA e a Copa Intercontinental en 1995 vestindo a marca. Manchester United convirtese na forza dominante no fútbol Inglés, coroado pola súa tripla éxito en 1999 - tamén usando equipación Umbro. Ademais lograse un acordo para vestir á Selección de fútbol do Brasil para axudar a cimentalo seu lugar na cumbre del fútbol mundial, e gañala súa cuarta Copa do Mundo. Outra selección de fútbol latinoamericana, Colombia, viviu unha espectacular época utilizando equipacións da marca inglesa dende 1993 ata 1997.

Camiseta do West Ham United (Inglaterra) confeccionada por Umbro.

• Década de 2000 - Continúa o abastecemeto de kits para moitos equipos do continente americano, Umbro foi mercada por Nike en 2008 e vendida a Iconix Brand a finais del 2012. Para a revitalización da marca, Umbro lanzou o seu deseño estilo "Tailored" comezando no 2009 e extendeu o concepto a tódolos equipos abastecidos pola marca, acada prover equipacións có novidoso estilo a clubs coma o Club Nacional de Football, Independiente Santa Fe, Junior de Barranquilla, Liga Deportiva Universitaria, Universitario de Deportes, Colo Colo, Deportivo Cali, Club Sport Herediano, Club Deportivo Universidade Católica, Estudiantes de La Plata, Atlético Tucumán, Vélez Sarsfield, entre outros.

Venda a Nike[editar | editar a fonte]

O 19 de octubro de 2007, JJB Sports adquiriu unha participación do 10,1% en Umbro, nunha medida para protexer a súa participación no mercado de camisolas de fútbol de Inglaterra. O 23 de octubro de 2007 anunciouse que Umbro acordara a súa venda a Nike. O consello de Umbro recomendou os seus accionistas que votasen a favor do planteamento, xa que ofrecía un prezo moi competitivo para a empresa. O prezo das accións de Umbro no momento da oferta era de preto de 130 P. O acordo foi aprobado polos reguladores en decembro de 2007.

Nike, en novembro de 2008, adquiríu a marca Umbro nunha operación que valorou á marca británica en 285 millóns de libras esterlinas (340 millóns de euros ou 580 millóns de dólares). Umbro viu nesta compra unha oportunidade para amplialo seu negocio internacional. A marca deportiva tivo que perfilalas súas espetativas de beneficio para 2008 ante a caída nas vendas da camisola da Selección de fútbol de Inglaterra

Umbro accedeu á proposta de Nike tras valorar que o seu rendemento financeiro tería menos desequilibros o pasar dun ano cun gran torneo fútbolistico (coma un Mundial ou a Eurocopa) a outro sen torneos dese estilo.

Nike vendeu Umbro no mes de maio do ano 2012 por un prezo de 174 millóns de euros á principal compañía de xestión de marcas no mundo Iconix Brand Group.

Filosofía[editar | editar a fonte]

O obxectivo do fundador da marca era facer unhas equipacións preparadas para o deporte e que á súa vez tiveran estilo, chamado tailoring, que se segue a facer.

Produtos[editar | editar a fonte]

Tódalas equipacións realizadas por Umbro, levan a inscrición "Tailored by Umbro".

Ata mediados de 1980, a compañía fabricou só roupa deportiva, camisolas de fútbol, en particular, os pantalones curtos e calcetas, pero non tiña rango de calzado. Finalmente, en 1985, Umbro decidiu introducila súa primera bota de fútbol no mercado brasileiro. Este deseño, máis barato que os produtos de marcas de arranque existentes, tales como Adidas, resultou ser popular e entrou en produción en masa a nivel internacional dous anos máis tarde.

Umbro tamén fabrica un popular estilo de pantalóns curtos, que acadou o seu punto máximo a finais de 1980 e principios de 1990. Estaban feitos de nailon, tiñan unha cintura con cordón e, a miudo viñan en cores brillantes. Có crecemento do fútbol (soccer) por parte dos xoves en ligas de Estados Unidos nos anos 1980, moitos xoves, adolescentes e adultos xoves comezaron a usar como roupa de diario. Como o fútbol, que era igual de popular entre ambolos sexos. No apoxeo da moda, outras marcas de pantalóns curtos de fútbol, tales coma Adidas, Diadora, Hummel, Lotto Sport Italia e Mitre, tamén se fixo popular.Os seus principais competidores neste mercado eran Reebok, Adidas, Nike, Puma, e Lotto Sport Italia. Umbro na acualidade fabrica todo tipo de roupa deportiva, incluíndo roupa de adestramento e botas de fútbol. A compañía é tamén un actor importante na fabricación de equipacións para algúns dos mellores equipos do mundo. As innovacións recentes no departamento de Umbro de botas de fútbol inclúen as botas Accuro, Medusae e Velocita.

Patrocinios de Umbro[editar | editar a fonte]

Asia e Oceanía[editar | editar a fonte]

África[editar | editar a fonte]

América[editar | editar a fonte]

Camiseta de Liga de Quito para la temporada 2016
Camiseta Umbro alternativa de LDU Quito.
Camiseta de Nacional (Uruguay) confeccionada por Umbro.

Europa[editar | editar a fonte]

Camiseta Umbro RC Lens 1999-2000.
Olympiacos FC con indumentaria Umbro.

Selecciones nacionales[editar | editar a fonte]

Kaylyn Kyle con la camiseta Umbro de la Selección femenina de fútbol de Canadá.

Jugadores[editar | editar a fonte]

Balonmano[editar | editar a fonte]

Curling[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]