Sharp Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sharp Corporation

Sede de Sharp en Osaka, Xapón.
TipoSociedade Anónima
Fundación1912 Toquio, Xapón
LocalizaciónAbeno-ku, Osaka, Xapón
FundadorTokuji Hayakawa
Persoas claveTakashi Okuda (Presidente)
Mikio Katayama (Director)
IndustriaElectrónica
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
Tv
LCD
Teléfonos móbiles
Células solares
Circuítos integrados
Número de empregados57.200 (2012)
Na rede
https://global.sharp
Facebook: SHARP.Japan Twitter: SHARP_JP Instagram: sharp_japan Youtube: UCv40TFB-wlYSAzFnkPGVI1w Musicbrainz: 567cce17-b40c-4f62-abf0-6dd4fe21c3be Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sharp Corporation (シャープ株式会社, Shāpu Kabushiki-gaisha) é unha corporación xaponesa que deseña, fabrica e comercializa produtos electrónicos. A empresa foi fundada en 1912 e toma o nome dun dos seus primeiros inventos: o portaminas, en inglés: Ever-Sharp mechanical pencil (lapiseiro sempre afiado) inventado en 1915 por Tokuji Hayakawa fundador de Sharp.

Sharp é unha das máis grandes empresas fabricantes de televisores do mundo despois de Samsung, LG e Sony.

En 2007, Sharp tomou o control de Pioneer. En 2009 asociáronse para crear Pioneer Digital Design and Manufacturing Corporation, unha asociación no sector dos soportes ópticos.

Historia[editar | editar a fonte]

Calculadora Sharp

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro mecánico fundado en 1912 por Tokuji Hayakawa (早川 徳次). O primeiro dos seus moitos inventos foi unha presilla broche chamada 'Tokubijo'. O invento que deu nome á empresa foi o fío (sharp) que sempre tiñan os seus portaminas. O negocio dos lapiceiros automáticos foi destruído polo gran terremoto de Kantō en 1923, e a empresa mudouse para Osaka. Alí comezou a traballar no deseño de aparellos de radio que saíron ao mercado no ano 1925. En 1953 comezou a fabricar televisores.

En 1964, Sharp fabricou a primeira calculadora transistorizada do mundo. Tardou varios anos para desenvolver o produto, xa que non tiña experiencia na fabricación de dispositivos de cómputo nese momento. Dous anos máis tarde, en 1966, Sharp presentou a súa primeira calculadora de circuítos integrados utilizando 145 circuítos integrados bipolares Mitsubishi. En 1969 presentou a primeira calculadora LSI.

Outro avance importante foi a presentación en 1973 da pantalla LCD, tecnoloxía que aínda continúa a fabricar Sharp.

En marzo de 2012, a compañía de electrónica Hon Hai (comunmente coñecida como Foxconn) acordou mercar unha participación do 10 por cento en Sharp Corporation por 806 millóns de dólares, e a compra de ata o 50 por cento das pantallas LCD producidas na factoría de Sharp en Sakai, Xapón.

Sharp en España[editar | editar a fonte]

Sharp abriu delegación en España en 1989 para fabricar televisores e outros produtos para o mercado europeo. En 2012 instalou en Cornellà de Llobregat (Barcelona) un centro de excelencia I+D+i desde onde se desenvolverán os futuros produtos de catálogo de televisores LCD Aquos da marca en Europa[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]