Alex Ferguson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sir Alex Ferguson")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sir Alex Ferguson
Alex Ferguson.jpg
Ferguson en Old Trafford
Información persoal
Nome completoSir Alexander Chapman Ferguson
Nacemento31 de decembro de 1941 (76 anos)
LugarGlasgow, Escocia
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1957–1960Queen's Park31(15)
1960–1964St. Johnstone37(19)
1964–1967Dunfermline Athletic89(66)
1967–1969Rangers41(25)
1969–1973Falkirk95(36)
1973–1974Ayr United24(9)
Total317(170)
Selección nacional
1967Escocia7(9)
Adestrador
1974East Stirlingshire
1974–1978St. Mirren
1978–1986Aberdeen
1985–1986Escocia
1986–2013Manchester United
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Sir Alexander Chapman "Alex" Ferguson, CBE, nado en Govan (Glasgow) o 31 de decembro de 1941, é un ex adestrador e futbolista escocés. Foi técnico do Manchester United dende 1986 até 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adestrou ao East Stirlingshire, ao St. Mirren e ao Aberdeen, desde onde se trasladou ao banco de Old Trafford. Tamén foi seleccionador escocés tras a morte de Jock Stein. Adestrou durante máis de dúas décadas ao Manchester United, converténdose no técnico con máis anos no equipo desde Matt Busby (1945-1969).

Con el no banco, o United obtivo once campionatos ligueiros e dous títulos europeos, máis títulos que en toda a súa historia até o mento. Tamén foi nomeado «adestrador do ano» en máis ocasións que calquera outro na historia. En 1999 converteuse no único adestrador en obter nun mesmo ano e cun equipo británico Premier League, FA Cup e Champions; así mesmo, é o único adestrador que se impuxo na FA Cup en cinco ocasiones, así como o único técnico en obter a Premier co mesmo equipo en tres ocasiones consecutivas (1998-99, 1999-00 e 2000-01; 2006-07, 2007-08 e 2008-09). En 2008 converteuse, despois de Brian Clough (Nottingham Forest) e Bob Pasley (Liverpool), no terceiro adestrador británico en obter en dúas ocasións a Champions League.

No plano individual é membro do English Football Hall of Fame e comandante do Imperio Británico (CBE), honra que lle concedeu Sabela II en 1999. Ademais, despois de conducir ao equipo da cidade cara á "idade de ouro" da súa historia, o concello de Aberdeen concedeulle o Freedom of the City of Aberdeen.