Ergatividade
Aparencia
A ergatividade é o feito, para unha lingua, de empregar unha oposición fundamental entre dúas funcións sintácticas, que non son, como nas linguas indoeuropeas, o suxeito por oposición ao complemento directo, senón o suxeito dun verbo transitivo por oposición ao complemento directo dun tal verbo, que se confunde co suxeito dun verbo intransitivo.
Nas linguas flexivas con ergatividade, a primeira función está representada polo caso ergativo, a segunda polo absolutivo, xeralmente non marcado, mentres que as outras linguas flexivas (maioritarias no mundo), o suxeito está en nominativo e oponse ao complemento directo en acusativo.
Oposición fundamental | |||
---|---|---|---|
Linguas ergativas |
Funcións: | suxeito dun verbo transitivo | CD / suxeito dun verbo intransitivo |
Caso : | → ergativo | → absolutivo | |
Exemplos (éuscaro) : | Gizon-ak otso-a badu « O home ten un lobo » |
Gizon-ak otso-a badu « O home ten un lobo » Gizon-a otso-a da « O home é un lobo » | |
Linguas non ergativas |
Funcións: | suxeito | CD |
Caso : | → nominativo | → acusativo | |
Exemplos (latín) : | Homo lup-um habet « O home ten un lobo » Homo lup-us est « O home é un lobo » |
Homo lup-um habet « O home ten un lobo » |
Notas :
- éuscaro: gizon- = « home », otso- = « lobo », badu (transitivo) = « ten », da (intransitivo) = « é » ; -ak é o sufixo de ergativo singular, -a de absolutivo; badu (transitivo) tradúcese « ten », da « é » (intransitivo);
- latín : homo, « home », está en nominativo, como lup-us, « lobo », -us é unha desinencia de nominativo e -um de acusativo; habet (transitivo) tradúcese « ten », est (intransitivo) « é ».
Esta oposición particular permite clasificar as linguas no cadro da tipoloxía lingüística.