Os lenca[3] son un pobo indíxena que habita no suroeste de Honduras e no leste do Salvador, en América Central. Outrora falaban o lenca, pero no presente está extinto. En Honduras, os lenca son o meirande grupo indíxena, cunha poboación que rolda as 100000 persoas. A poboación lenca do Salvador estímase nunhas 37000 persoas.
Antes da conquista dos españois, os lenca tiñan contacto con maias así como con outros pobos indíxenas do territorio do actual México e América Central. A orixe dos lenca é obxecto de debate para os antropólogos e os historiadores. Os estudosos suxeriron que os lenca migraron dende a rexión de América do Sur hai 3000 anos.
Grupos indíxenas do Salvador na época da conquista española.
Adams, Richard. 1956. "Cultural Components of Central America." American Anthropologist, - Vol 58(5), 881-907
Black, Nancy. 1995. The Frontier Mission and Social Transformation in Western Honduras: The Order of Our Lady of Mercy, 1523-1773. E.J. Brill, Leiden. ISBN90-04-10219-1
Brady, Scott. 2009. "Revisiting a Honduran Landscape Described by Robert West: An Experiment in Repeat Geography," Journal of Latin American Geography - Vol 8(1),7-27
Carmack, Robert M. with Janine L. Gasco and Gary H. Gossen. (2007). The Legacy of Mesoamerica: History and Culture of a Native American Civilization– 2nd ed. New Jersey: Pearson Education, Inc.