Saltar ao contido

Linguas lenca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas lenca
 Subclase de
 Estado de lingua da UNESCO
extinta
Clasificación lingüística
Localización
 País
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/026g6xz Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3len Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5len Editar o valor en Wikidata
IETFlen Editar o valor en Wikidata
Wikidata

As linguas lenca[1] son unha pequena familia de linguas indíxenas mesoamericanas extintas, faladas outrora no Salvador e Honduras (países onde o pobo indíxena lenca conta cunha poboación de 37 000 e 100 000 persoas respectivamente). O lenca está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Historicamente, a maioría de lingüistas, seguindo a Lehman (1920) consideraban que existía algún parentesco coas linguas xincas, aínda que a evidencia a prol desta teoría é máis ben escasa. Recentemente A. Constenla (2002, 2005) baseándose no método comparativo logrou probar o parentesco das linguas lenca coas linguas misumalpas e á súa vez coas linguas chibchas.

Linguas da familia

[editar | editar a fonte]

A familia lenca está formada por estas dúas linguas:

  • Lenca salvadoreño (dialecto principal: potón)
  • Lenca hondureño (dialectos: cerquín, care, lenca, kolo)

Entre ámbalas dúas linguas, Swadesh estimou por métodos glotocronolóxicos uns 20 séculos de separación, polo que as súas diferenzas son comparables ás das linguas románicas.

  1. "Entrada lenca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Campbell, Lyle. 1997. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford: Oxford University Press.
  • Constenla Umaña, A. (1981). Comparative Chibchan Phonology. (Ph.D. dissertation, Department of Linguistics, University of Pennsylvania, Philadelphia).
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1991). Las lenguas del Área Intermedia: Introducción a su estudio areal. Editorial de la Universidad de Costa Rica, San José.
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1995). Sobre el estudio diacrónico de las lenguas chibchenses y su contribución al conocimiento del pasado de sus hablantes. Boletín del Museo del Oro 38-39: 13-56.
  • Fabre, Alain. 2005. Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos: LENCA.
  • Hemp, Eric. 1976. "On Earlier Lenca Vowels". International Journal of American Linguistics 42(1): 78-79.
  • Lehman, Walter. 1920. Zentral-Amerika. see pp. 700–719 (Salvadoran Lenca) and pp. 668–692 (Honduran Lenca).