Sprachbund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un sprachbund ('unión de linguas' en alemán, pronunciado AFI: [ʃpraːx.bʊnt], pl. sprachbünde [ˈʃpraːxˌbyndə]) defínese como un grupo de linguas que adquiriron algunhas semellanzas nos seus sistemas gramaticais ou fonéticos por mor da proximidade xeográfica. A noción de sprachbund foi proposta por vez primeira polo lingüista ruso Nikolai Trubetzkoy no seu artigo A Torre de Babel e a mezcolanza de linguas («Вавилонская башня и смешение языков») en 1923.[1]

Tamén se usa o termo área [de converxencia] lingüística para designar á zona xeográfica onde se produciu un desenvolvemento converxente de linguas pertencentes a diferentes familias, e que polo tanto pode argumentarse forman un sprachbund.

As linguas que forman parte dun sprachbund poden estar ou non relacionados xeneticamente ou ter relacións moi distantes. É importante sinalar que o termo sprachbund non se aplica se todas as linguas están emparentadas, e cuxas semellanzas poden explicarse en termos de retención de características herdadas da protolingua da que todas derivan. Por iso á hora de decidir se certo grupo de linguas constitúe un sprachbund, é importante coñecer se existe entre elas relación xenética.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trubetzkoy, Nikolai S. (1923). Vavilonskaja bašnja i smešenie jazykov. Evrazijskij vremennik 3. pp. 107–124. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]