Puro
- Artigo principal: Cigarro.

Un puro ou cigarro puro é un cigarro[1] consistente nun paquete firmemente enrolado de tabaco secado e fermentado, liado sen papel, nunha folla de tabaco. Acéndese por un dos extremos para poder introducir o seu fume dentro da boca do fumador a través do outro extremo.
O tabaco para puros cultívase en cantidades significativas en nacións como o Brasil, o Camerún, Cuba, a República Dominicana, Honduras, Indonesia, México, Nicaragua e os Estados Unidos.
Os puros fabricados en Cuba considéranse dunha calidade inigualable, e por iso se lles coñece habitualmente como Habanos. A reputación cubana preséntase tanto polas características únicas da rexión de Vuelta Abajo, na provincia de Pinar del Río, ao oeste da illa, onde un microclima permite o cultivo de tabaco de alta calidade; como pola habilidade dos fabricantes cubanos do puro. Porén, moitos expertos cren que as mellores colleitas de Honduras, Nicaragua e San Andrés Tuxtla, en México, rivalizan cos cubanos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ cigarro no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Puro |