Lingua acateca
| Lingua acateca | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O acateco é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada polo pobo acateco que habita no departamento de Huehuetenango, en Guatemala, e nos concellos de Concepción Huista, Nentón, San Miguel Acatán, San Rafael La Independencia e San Sebastián Coatán.[1] Un grupo de falantes tamén vive no estado de Chiapas, México. No ano 1998 contaba con máis de 58 600 falantes, dos cales 48 500 vivían en Guatemala e o resto en México.[2] O acateco está estreitamente relacionado coas linguas q’anjob’al e jacalteca. As tres linguas forman a sub-póla q'anjob'al-jacalteca. Crese que o grupo q'anjob'al–jacalteco diviuse nas tres linguas hai 1 500 anos.
O acateco estaba considerado como un dialecto da lingua q’anjob’al até a década de 1970, cando os lingüistas se decataron das diferenzas gramaticais con respecto do q'anjob'al.[3] O acateco está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabral, Ernesto Díaz Couder (2001). "Culturas e interculturalidad en Guatemala". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2010. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ Ethnologue
- ↑ Maldonado, Roberto Zavala (1992). Acateco de la frontera sur.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
