Saltar ao contido

Lingua otomí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua otomí
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0fx0n6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua otomí[1][2] é unha lingua indíxena de México, falada polo pobo otomí. Os indíxenas otomís do Val de Mezquital tamén a chaman hñähñu na súa propia lingua. O otomí é unha lingua mesoamericana e amosa algúns dos trazos característicos da área lingüística mesoamericana. Segundo a Lei de Dereitos Lingüísticos de México, o otomí é recoñecido como unha lingua nacional, a carón doutras sesenta linguas indíxenas e o castelán, e por dereito, ten a mesma validez teórica no país.[3] Polo seu número de falantes, o otomí é a sétima lingua indíxena máis falada de México, despois do náhuatl, o iucateco, o zapoteco, o mixteca, o tzotzil e o tzeltal. Porén, este dato é só indicativo, xa que en realidade a "lingua otomí" debe considerarse como un grupo con moitas variantes. O otomí está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

  1. Definición de otomí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "otomí". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  3. "LEY GENERAL DE DERECHOS LINGÜÍSTICOS DE LOS PUEBLOS INDÍGENAS". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2017. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wallis, Ethel E. (1956). "Simulfixation in Aspect Markers of Mezquital Otomi". Language 32 (3): 453–59. JSTOR 410566. doi:10.2307/410566.