Chichén Itzá
| Chichén Itzá | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Iucatán | |||||||||||||||||
|
Cultura
| |||||||||||||||||
| Datas | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Localización | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Patrimonio cultural | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza".[1] Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).
A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.
Chichén Itzá foi unha cidade[2] ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.
A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988.[3] O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.[4]
Nos equinoccios, pola pirámide de chanzos co Castelo parece baixar unha serpe, efecto óptico co Sol como protagonista, logrado polos arquitectos maias.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera Vásquez, Alfredo (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. Mérida, Iucatán, México.
- ↑ "Descubrimiento de zona residencial en Chichén Itzá". Consultado o 8 de abril de 2010.
- ↑ UNESCO. "Ciudad prehispánica de Chichén-Itzá (1988)". Consultado o 8 de abril de 2010.
- ↑ El Universal. "Es Chichén Itzá una de las nuevas maravillas". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 8 de abril de 2010.
- ↑ O’Keefe, Madeleine. "Seeing through walls and breaking down barriers". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-06-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chichén Itzá |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encyclopædia Britannica: Article on Chichen Itza
- Chichen Itza Digital Media Archive (fotos con licenza creativa, fotografías láser, panorámicas), con información particularmente detallada sobre El Caracol e o Castelo, utilizando datos dunha asociación de investigación da Fundación Nacional de Ciencias / CyArk/research partnership
- UNESCO páxina sobre o Patrimonio Mundial de Chichen Itza
- Ancient Observatories páxina en Chichen Itza
- Chichen Itza reconstructed in 3D Arquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- Archaeological documentation for Chichen Itza Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine. created by non-profit group INSIGHT and funded by the National Science Foundation and Chabot Space and Science Center
- Tour virtual por Chichen Itza Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
