Saltar ao contido

Lingua itza’

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua itza’
Propiedades
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Xeografía
 País
 Orixinario de
Identificadores
ISO 639-3itz Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5itz Editar o valor en Wikidata
IETFitz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX551979
Wikidata

O itza’ (tamén coñecido como itza ou itzaj) é unha lingua que pertence á póla iucateca das linguas maias falada polo pobo itza’ preto do Lago Petén Itzá, na moderna Guatemala. A lingua está seriamente ameazada, con só 12 falantes fluídos e uns 60 falantes non fluídos.[1] O itza’ está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

O itza’ era a lingua da administración ó longo da península do Iucatán antes do ano 1697, cando o pobo itza’ controlaba a derradeira nación maia de Mesoamérica.[3] Durante este tempo, o pobo itza’ situou o seu fogar ancestral na rexión de Petén.[3] A subxugación da capital itza’ polos conquistadores españois obrigou ós itza’ a fuxir ou vivir entre os españois, trasladándose a San José, Guatemala, onde os falantes modernos viven no presente.

O pobo itza’ moderno é o derradeiro pobo maia das terras baixas quen de trazar a súa liñaxe até a era precolombiana.[4] A lingua itza' reflicte a súa historia na nomenclatura do mundo natural, xa que as verbas itza' que se refiren á agricultura e ás súas prácticas permaneceron sen cambios dende a primeira vez que foron rexistradas.[5] Ademais, o itza' posúe un rico vocabulario para as plantacións e os animais que recollen información específica sobre as diferentes variedades e individuos das especies.[5]

  1. Lewis, M. Paul (2009). "Itza'". Ethnologue. SIL International. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Hofling, Charles Andrew (2000). Itzaj Maya Grammar. Salt Lake City: University of Utah Press. ISBN 0-87480-666-6. 
  4. Atran, Medin, Ross, Lynch, Coley, Ucan Ek, Vapnarsky, Scott, Douglas, Norbert, Elizabeth, John, Edilberto, Valentina (1999). "Folkecology and Commons Management in the Maya Lowlands". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 96: 7598–7603 – vía JSTOR. 
  5. 5,0 5,1 Atran, Chase, Fedick, Knapp, McKillop, Marcus, Schwartz., Webb, Scott, Arlen F., Scott L., Gregory, Heather, Joyce, Norman B., Malcolm C. (1993). "Itza Maya Tropical Agro-Forestry". Current Anthropology 34: 633–700 – vía JSTOR. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charles Andrew Hofling: Itzá Maya texts with a grammatical overview. University of Utah Press, Salt Lake City 1991. 321 pp. ISBN 0-87480-359-4
  • Charles Andrew Hofling, Félix Fernando Tesucún: Tojt'an: diccionario maya itzaj - castellano. Guatemala, Cholsamaj, 2000.
  • Charles Andrew Hofling: Itzaj Maya Grammar. The University of Utah Press, Salt Lake City 2000. ISBN 0-87480-666-6
  • Charles Andrew Hofling, Félix Fernando Tesucún: Itzaj Maya-Spanish-English Dictionary. The University of Utah Press, Salt Lake City 1997. ISBN 0-87480-550-3