Ch'ol de Tila, falado por case 44 mil persoas, cun índice do 25% de monolingüismo. Esta variedade emprégase principalmente no municipio de Tila, en Chiapas.
Ch'ol de Tumbalá, falado por 90 mil persoas no municipio de Tumbalá, tamén en Chiapas. O índice de monolingüísmo dos falantes desta variedade é do 30% aproximadamente.
O ch'ol, ao igual que as demais linguas maias, é unha lingua aglutinante, é dicir, que aglutina a un radical (verbo, substantivo ou adxectivo), marcas de axente (o que realiza a acción verbal), de suxeito (o posuidor do obxecto ou relación persoal), a través dun sistema de sufixos e prefixos.
O sistema de numeración do ch'ol é vixesimal (de base 20), como sucede nas outras linguas maias, e en xeral, nas linguas mesoamericanas. A razón obedece a que estas linguas basean o seu sistema numérico no número de dedos e dedas que ten o ser humano. Os vinte primeiros números son: