Saltar ao contido

Lingua huasteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua huasteca
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
150000 Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Identificadores
Freebase/m/07vl4v e /m/02hww6w Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3hus Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5hus Editar o valor en Wikidata
IETFhus Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O huasteco é unha lingua maia falada polo pobo huasteco, que habita no norte da costa do golfo de México, nos estados de San Luis Potosí, Veracruz e Tamaulipas. É a única lingua viva da póla huastecana desa familia lingüística trala extinción do chicomucelteco, confirmada na década de 1980. Tamén é a única que se atopa fóra do gran ámbito territorial das linguas maias, é dicir, o sueste de México (lingua nacional),[1] Guatemala e O Salvador. As hipóteses para explicar esta separación apuntan a dúas posibilidades: que antes da separación lingüística, había un corredor de linguas maias que abranguía toda a costa do golfo, ou ben; que hai uns tres mil anos, os falantes do devanceiro do huasteco emigraron dende a área nuclear maia cara ó norte.

O nome da lingua na propia fala é Téenek, aínda que é coñecida polo xeral como "huasteco". Este é en realidade o nome náhuatl que pasou despois ó castelán.

  1. "sep.gob.mx". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 13 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]