Consoante implosiva
Aparencia
Unha consoante implosiva é un tipo de oclusiva (marxinalmente pode ser unha africada) cun mecanismo mixto de corrente, glotálico ingresivo e pulmonar egresivo.[1] É dicir, a corrente de aire contrólase por movementos arriba e abaixo da glote combinado cun fluxo saínte dos pulmóns. Por tanto, a diferenza das consoantes exectivas, cuxo mecanismo é glotálico puro, as implosivas poden ser modificadas mediante fonación. As implosivas case de maneira universal presentan fonación sonora. As consoantes implosivas atópanse en aproximadamente o 13% das linguas do mundo.[2]
No AFI, as consoantes implosivas indícanse modificando a correspondente oclusiva sonora mediante un gancho á dereita na parte superior: [ɓ ɗ ʄ ɠ ʛ].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phonetics for communication disorders. Martin J. Ball and Nicole Müller. Routledge, 2005.
- ↑ Maddieson, Ian. 2008. Glottalized Consonants. In: Haspelmath, Martin & Dryer, Matthew S. & Gil, David & Comrie, Bernard (eds.) The World Atlas of Language Structures Online. Munich: Max Planck Digital Library, chapter 7. Available online at http://wals.info/feature/7 Accessed on 2008-03-28.