San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras | |
---|---|
Concello | Forcarei[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°31′29″N 8°20′48″O / 42.524833333333, -8.3466388888889Coordenadas: 42°31′29″N 8°20′48″O / 42.524833333333, -8.3466388888889 |
Poboación | 173 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.
Topónimo[editar | editar a fonte]
Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, lugar onde abundan as pedras[2].
Historia[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, e que foi derrubada polos Irmandiños en 1466.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de San Miguel de Presqueiras[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Miguel de Presqueiras no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
Barro | Guisande | Morgade | O Outeiro | San Miguel |
Parroquias de Forcarei[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017.