Castrelo, Forcarei
Castrelo | |
---|---|
![]() Igrexa de Castrelo | |
Concello | Forcarei[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 82 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Castrelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (73 mulleres e 63 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 51 homes e 45 mulleres.
Topónimo[editar | editar a fonte]
Diminutivo do latín castrum, cidade alta e fortificada[2].
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na parroquia está a Torre da Barciela.
Festas[editar | editar a fonte]
As festas patronais son o 17, 18 e 19 de xullo na honra a Santa Mariña,San Roque e o Santísimo. En decembro celebrase a Santa Bárbara, en maio a Purísima e en xuño o Corazón de Xesús.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Castrelo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castrelo no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
Arbarrela | A Barciela | Coto Aciveiro | Lerce | Liñares | A Mámoa | Murada | Valadelo | O Vieiro |