Xoaquín Fernández Leiceaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoaquín María Fernández Leiceaga
Xoaquín Fernández Leiceaga

PSdeG Logo.jpg
Voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE
Actualmente no cargo
Dende o 21 de outubro de 2016

Actualmente no cargo
Dende o 21 de outubro de 2016

1 de abril de 2009 – 27 de agosto de 2012

Escudo de Santiago de Compostela.svg
Concelleiro do concello de Santiago de Compostela
14 de xuño de 2003 – 19 de xuño de 2005

Datos persoais
Nacemento 6 de xaneiro de 1961 (58 anos)
Noia, Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Profesor, político, economista
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Twitter @XoaquiFLeiceaga

Xoaquín María Fernández Leiceaga, nado en Noia o 6 de xaneiro de 1961, é un economista e político galego, voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesor titular de economía aplicada. Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), foi vicerreitor económico na USC (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando entrou a formar parte do BNG (1994). Foi director do IDEGA (1998-1999). Concelleiro en Santiago de Compostela (1999), foi delegado de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro dese ano e pasou ao PSdeG. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2005. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2009. Actualmente é o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia.

Recibiu o Premio da Crítica de Galicia de Investigación en 1994.

Candidato á Xunta de Galicia para as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 tras impoñerse nas primarias a Méndez Romeu.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Economía (política) do monte galego, 1990.
  • Capital estranxeiro e industrialización en Galicia, 1993.
  • Fecundidade e actividade en Galicia, 1970-1993, 1996.
  • El impacto de las multinacionales en las economías de acogida, 1998
  • Estrutura económica de Galiza, 2000 (con E. López Iglesias).
  • Agosto de memoria e morte, 2015.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas, 2001 (director).
  • Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, 1990.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domingos Sampedro (29-05-2016). "Leiceaga será el candidato del PSdeG tras ganar las primarias por más de 700 votos". Consultado o 02-06-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]