Comarca de Terra de Lemos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
escudo o saviñao
Liña 9: Liña 9:
|ano poboación = 2014
|ano poboación = 2014
|poboación = 31.876
|poboación = 31.876
|concellos = [[Ficheiro:Escudo de Bóveda.svg|15px]] [[Bóveda]]
[[Ficheiro:Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg|15px]] [[Monforte de Lemos]]
[[Ficheiro:Escudo de Pantón.svg|15px]] [[Pantón]]
[[Ficheiro:Escudo de A Pobra do Brollón.svg|15px]] [[A Pobra do Brollón]]
[[O Saviñao]]
[[Ficheiro:Escudo de Sober.svg|15px]] [[Sober]]
|concellos = [[Ficheiro:Escudo de Bóveda.svg|15px]] [[Bóveda]]
[[Ficheiro:Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg|15px]] [[Monforte de Lemos]]
[[Ficheiro:Escudo de Pantón.svg|15px]] [[Pantón]]
[[Ficheiro:Escudo de A Pobra do Brollón.svg|15px]] [[A Pobra do Brollón]]
[[File:Escudo do Saviñao.svg|15px]] [[O Saviñao]]
[[Ficheiro:Escudo de Sober.svg|15px]] [[Sober]]

A '''Terra de Lemos''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada ó sur da [[provincia de Lugo]] e a súa capital é [[Monforte de Lemos]], que tamén é o concello máis poboado. A maioría da superficie (toda excepto o concello de [[Bóveda]]) forma parte da [[Ribeira Sacra]], da que [[Monforte de Lemos|Monforte]] tamén é a súa capital.
A '''Terra de Lemos''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada ó sur da [[provincia de Lugo]] e a súa capital é [[Monforte de Lemos]], que tamén é o concello máis poboado. A maioría da superficie (toda excepto o concello de [[Bóveda]]) forma parte da [[Ribeira Sacra]], da que [[Monforte de Lemos|Monforte]] tamén é a súa capital.
Liña 48: Liña 48:
| align="right" |19.201
| align="right" |19.201

|[[Ficheiro:Escudo NADA.jpg|20px]] [[O Saviñao]]
|[[Ficheiro:Escudo do Saviñao.svg|20px]] [[O Saviñao]]
| align="right" |4.113
| align="right" |4.113

Revisión como estaba o 14 de abril de 2015 ás 14:58

Comarca da Terra de Lemos
ProvinciaProvincia de Lugo
Área940,5 km²
Poboación31.876 hab. (2014)
Concellos Bóveda
Monforte de Lemos
Pantón
A Pobra do Brollón
O Saviñao
Sober

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo e a súa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Xeografía

O Sil ó seu paso polo sur da comarca.

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas sitas ó leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que serven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Ríos

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. En Monforte consérvase unha ponte romana sobre este río, unha das características máis destacadas da capital. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

Montañas

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste, na Serra do Courel, entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas que superan os 1000m de altitude e están sitas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

• Alto da Veneira (1.164 m.)
• Alto da Serra (1.137 m.)
• Chao das Lagas (1.060 m.)
• Alto da Chá (1.021 m.)

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais e ten fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse a superar temperaturas máximas de 40º, puntualmente; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Poboación

O mosteiro de San Vicente do Pino dende o río Cabe, en Monforte de Lemos.
Ficheiro:Casa do Concello de Pantón.JPG
Casa do Concello de Ferreira de Pantón.

A poboación era, en 2014, de 31.876 habitantes distribuídos así:

Concello Habitantes
Monforte de Lemos 19.201
O Saviñao 4.113
Pantón 2.708
Sober 2.453
A Pobra do Brollón 1.830
Bóveda 1.571
Censo total 2014 31.876 habitantes
Menores de 15 anos 2.864 (8.98 %)
Entre 15 e 64 anos 17.983 (56.42 %)
Maiores de 65 anos 11.029 (34.6 %)

Localidades máis poboadas

En 2010 as entidades poboacionais máis poboadas eran:

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca da Terra de Lemos

Comunicacións

A comarca da Terra de Lemos une as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril de Monforte de Lemos é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Está en proxecto a autovía A-76, que discorrerá paralela á N-120 e unirá Ourense con Ponferrada pasando por Monforte e dando acceso ao porto seco, actualmente en construción.

Ferrocarril

Na comarca conflúen dúas liñas de ferrocarril:

Hai 7 estacións na comarca: Monforte de Lemos (presta servizo para pasaxeiros de longo percorrido e media distancia, e mercancías), A Pobra do Brollón, Canaval, Areas, Santo Estevo do Sil e San Pedro do Sil (prestan servizo para pasaxeiros de media distancia) e Rubián (só para mercancías).

Concellos

Véxase tamén