Val de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O Val de Lemos visto desde a Veneira, na serra do Courel
Os Canóns do Sil, límite do Val de Lemos polo sur
Vista do castelo de Monforte de Lemos, a capital e a cidade máis importante do Val de Lemos

O Val de Lemos é unha comarca natural galega, unha extensa planicie situada ó sur da provincia de Lugo, en Galicia.

Ocupa a maior parte da comarca da Terra de Lemos e corresponde coa depresión tectónica do río Cabe e os seus afluentes, coincidindo cunha sucesión de superficies de aplanamento a distintos niveis e dominadas pola sensación de planitude, só alterada polos canóns dos ríos Cabe, Miño e Sil e polos contrafortes occidentais da veciña serra do Courel. É unha das comarcas naturais mellor delimitada pola depresión do sector central, enmarcada por unha serie de montañas circundantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Val limita ao leste coa Serra do Courel. Ao norte o río Mao separa o val de Lemos dunhas pequenas serras, detrás das que está o Val de Sarria. Polo oeste limita con numerosas serras, como a Serra das Penas ou os Montes de San Paio, que o separan do río Miño. Polo sur limita co río Sil e os seus Canóns.

Altitude[editar | editar a fonte]

A altitude do val oscila entre os 200 e 700 metros, tendo a súa maior parte unha altitude inferior aos 450 metros. Cabe destacar pequenas serras como a Serra de Pedrouzos e a Serra do Moncai, e algúns montes como:

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Numerosos ríos cruzan o val de Lemos, pertencendo todos eles á cunca hidrográfica do Cabe, afluente do Sil. O Cabe travesa o val en dirección NE-SO, recibindo as augas de numerosos afluentes como os ríos Cinsa, Carabelos, Ferreira, Mao e Saa, e pasando polo centro urbano da cidade de Monforte de Lemos, situada aproximadamente no centro do Val de Lemos.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é oceánico-continental moi cálido propiciado polo Val do río Miño e polas altas montañas do Courel. Caracterízase por unha temperatura media que oscila entre os 12-14 °C, cunhas precipitacións de menos de 1.000 l/m² anuais e cun risco de xeada duns 4-5 meses. No verán danse seguido rexistros con temperaturas moi altas, que chegan a rozar os 40 °C.

Cultivo da vide[editar | editar a fonte]

O terreo e as condicións climatolóxicas fan que o territorio do Val de Lemos sexa bo para o cultivo da vide, pertencendo as súas terras á D.O. Ribeira Sacra.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

As principais estradas do val son a N-120, LU-546, CG-2.1, a parte das liñas de ferrocarril Monforte-Vigo e A Coruña-Lugo-Palencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]