Terra de Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes era unha comarca histórica galega situada entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencían a esta comarca os concellos de Cerdedo e Forcarei na provincia de Pontevedra e Beariz na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca estaba integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín.[1] Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación desta comarca histórica está repartida entre os seguintes concellos e parroquias:

Concello / Parroquia Poboación
Cerdedo 1860
Forcarei 3696
Beariz 1112
Sabucedo 60
Morillas 51
Montes 154
Caroi 152
A Barcia do Seixo 285
Zobra 152
Total 7522

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Rodríguez Fraiz. "Amigos da Terra de Montes". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Cortizo, C.: La Tierra de Montes en el siglo XVIII. Estructura demográfica y sistema familiar en una sociedad rural. Tese de doutoramento (inédita).