Tuiriz, Pantón
| Tuiriz | |
|---|---|
| Concello | Pantón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°33′53″N 7°35′49″O / 42.564719444444, -7.597025 |
| Área | 9,6 km² |
| Poboación | 166 hab. (2017) |
| Densidade | 17,29 hab./km² |
| Entidades de poboación | 17[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Tuiriz[2] (até 2026, Toiriz (Santa María)) é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 213 habitantes (103 homes e 110 mulleres), un menos ca en 2006.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao sur coa parroquia de Santalla de Tuiriz, ao oeste coa de Tribás e Seteventos (O Saviñao), ao leste coas de Tor e San Xillao de Tor (Monforte de Lemos) e ao norte coa de Ousende (O Saviñao).[3]
Onomástica
[editar | editar a fonte]En 2016 o Concello de Pantón solicitoulle á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia a modificación do topónimo por Tuiriz[4], cambio que se fixo efectivo coa actualización do Nomenclátor de Galicia en 2026[2]. O xentilicio é «toirizao/toirizá».[5]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tuiriz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Tuiriz no concello de Pantón (Lugo) | |
|---|---|
|
O Carme | Castillalbo | Os Corvás | A Estrada | Frenzas | A Hedra | A Igrexa | Loureiro | O Outeiro | Pacios | A Pena | A Pousa | O Pumar | Saa | O Souto | O Souto de Xelo | Vilanova |
Parroquias de Pantón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- 1 2 "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-05-17.
- ↑ "Mapas da Xunta de Galicia".
- ↑ Francisco Albo (12 de maio de 2016). "Os de Tuiriz non queren ser de Toiriz". La Voz de Galicia.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 20. ISBN 978-84-8158-706-7.