Praza do Obradoiro: Diferenzas entre revisións
Liña 9: | Liña 9: | ||
== Importancia social == |
== Importancia social == |
||
É o punto de encontro dos [[peregrino]]s que fan o [[camiño de Santiago]]. |
É o punto de encontro dos [[peregrino]]s que fan o [[camiño de Santiago]]. Na praza celébranse a queima da fachada nas [[Festas do Apóstolo]] a noite do [[24 de xullo]]. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes [[Papa]]s. |
||
Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 [[Manifestación polo galego en maio de 2009|a prol da lingua galega]]. |
|||
{{Actualidade}} |
{{Actualidade}} |
Revisión como estaba o 27 de xullo de 2013 ás 18:52
Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′45″O / 42.88056, -8.54583
A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real , hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), a catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixgión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeero, e a administración.
A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral , que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción[1].
Importancia social
É o punto de encontro dos peregrinos que fan o camiño de Santiago. Na praza celébranse a queima da fachada nas Festas do Apóstolo a noite do 24 de xullo. Celebráronse aquí tamén diferentes actos relixiosos, como as misas das visitas dos diferentes Papas.
Así mesmo, é lugar habitual de manifestacións e reivindicacións cidadás como as acontecidas en 2009 a prol da lingua galega.
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
Despois do accidente ferroviario de Angrois en 2013, turistas, cidadáns e peregrinos manifestaron a súa solidariedade con diferentes mostras reivindicativas na praza, como colocando flores e notas no enreixado da escadaría de entrada á catedral[2].
Galería de imaxes
-
Vista do Pazo de Raxoi cara á praza do Obradoiro. Parte oeste da praza.
-
Catedral]. Parte leste da praza.
-
O Colexio de San Xerome. Parte sur da praza.
-
O Hospital Real (hostal dos Reis Católicos). Parte norte da praza.
-
Músico a tocar a arpa á noitiña á beira do Colexio de San Xerome.
-
A Praza do Obradoiro vista da varanda suroeste da Catedral; ao fondo, á dereita: o Hospital dos Reis Católicos; á esquerda: o Pazo de Raxoi; en primeiro plano, á esquerda: parte do tellado do colexio de San Xerome; á dereita vese as escadaría que dá acceso á catedral.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|