Diferenzas entre revisións de «Mikhail Gorbachev»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
left -> esquerda
m (left -> esquerda)
En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do [[PCUS]] e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o [[Acordo de Belovezhie]], que disolvía de facto a URSS ao separarse [[Ucraína]], [[Rusia]] e [[Bielorrusia]]. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en [[Forós]] ([[Crimea]]), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do [[golpe de Estado]]. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.
 
[[Ficheiro:Reagan and Gorbachev signing.jpg|thumb|leftesquerda|200px|Gorbachev e [[Ronald Reagan]]]]
Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, [[Boris Yeltsin]] e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O [[Nadal]] dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da [[Comunidade de Estados Independentes]] (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.
 
103.099

edicións

Menú de navegación