Bielorrusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Рэспубліка Беларусь
Respúblika Belarús
Республика Беларусь
Respúblika Belarús
República de Bielorrusia
Bandeira de Bielorrusia Emblema de Bielorrusia
Bandeira Emblema
Lema: Дзяржаўны герб Рэспублікі Беларусь
Himno nacional: Мы, беларусы
 
Europe location BLR.png
 
Capital
 • Poboación
Minsk
1.814.700 (2007)
Cidade máis poboada Minsk
Linguas oficiais
Bielorruso, ruso
Forma de goberno República semipresidencialista
Aleksandr Lukashenko
Serguei Sidorski
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
Da URSS
27 de xullo de 1990
25 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 83º
207.600 km²
(1.600 km²)[1]
3.098 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 77º
10.293.011 (est. 2006)
50 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 69º
US$ 36.944 millóns
US$ 3.808 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 66º
US$ 70.524 millóns
US$ 8.862 (2006)
IDH (2007) 0.804 (64º) – Alto
Moeda Rublo bielorruso (BYR) (Rublo ruso en 2008)
Xentilicio Bielorruso, -sa
Fuso horario
 • en verán
EET (UTC+2)
EEST (UTC+3)
Dominio de Internet .by
Prefixo telefónico +375
Prefixo radiofónico EUA-EWZ
Código ISO 112 / BLR / BY
Membro de: ONU, OSCE, CEI, COI, OTSC, Estado da Unión
Tódolos países do mundo

Bielorrusia é un país de Europa Occidental, resultante do desmembramento da Unión Soviética, á que pertenceu co nome de República Socialista Soviética de Bielorrusia. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk.

Até o século XX, os bielorrusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia as terras da actual Bielorrusia pertenceron a varios países etnicamente diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, e a República das Dúas Nacións. Despois da breve existencia da República Nacional Bielorrusa (1918-19), Bielorrusia converteuse nunha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Bielorrusia.

A unificación definitiva das terras de Bielorrusia, dentro das súas fronteiras modernas, tivo lugar en 1939, cando as terras de ruso-bielorrusas en poder da Segunda República Polaca (1918-1939) se anexaron á Unión Soviética en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov.[2] O territorio deste país foi devastado na Segunda Guerra Mundial, durante a cal Bielorrusia perdeu arredor dun terzo da poboación e máis da metade dos seus recursos económicos.[3] A República foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Bielorrusia o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Bielorrusia declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aleksandr Lukashenko foi presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukashenko implementou políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Desde 2000, Bielorrusia e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9'85 millóns de habitantes de Bielorrusia moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras provincias.[4] Máis do 80% da poboación son nativos bielorrusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais: o bielorruso e o ruso. A Constitución de Bielorrusia non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo ruso, mentres que a segunda máis popular, o |catolicismo romano, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chá (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada Pantanos de Prypett.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Bielorrusia ou Belarús significa en eslavo Rutenia (Rus) Branca (Bel, Bielo = Branco/a Rus -nome medieval que se daban os estados eslavos orientais xeralmente cun goberno monárquico que reunía a unha federación de "tribos"- ou Rusiya -Rusia-). Por este motivo ocasionalmente, especialmente cando se atopou baixo o dominio do tsarato ruso a rexión era chamada en español Rusia Branca. En canto á cualificación de "Branca" parece derivar da cor emblemática elixido para diferenciarlle dos rusos e dos ucraínos.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Bielorrusia.

A actual poboación eslava de Bielorrusia estableceuse aí entre os séculos VI e VIII. Os primeiros eslavos orientais entraron en contacto cos varengos ou varegos e estiveron organizados baixo Rus, notablemente no principado de Pólatsk, na actual Bielorrusia do norte.

Para o século XIII, os principados de Belarús foron gravemente prexudicados pola invasión dos cruzados bálticos. Os territorios bielorrusos foron o groso do novo Gran Ducado de Lituania. A cidade de Voruta, cuxa localización é aínda descoñecida, foi a primeira capital deste estado. Este ducado tamén incluíu un número de territorios do Rus e Samogitia. Non houbo discriminación contra ningunha das nacións ou relixións nin ningunha tensión maior entre eles e o seu pobo, todos gobernados polas súas propias rexións. Lingua oficial do Gran Ducado de Lituania foi o antigo idioma báltico (chamado lituano e ruteno).

O Gran Ducado ocupaba gran parte de Europa do Leste desde o Mar Báltico ata o Mar Negro no século XV. Desde o 2 de febreiro de 1386, cando o Gran Duque lituano Jogaila foi coroado rei de Polonia, o Gran Ducado uniuse con Polonia nunha unión persoal baixo un monarca. En 1569, Polonia e o Gran Ducado fundíronse no estado da Mancomunidade Lituano-Polaca. Esta unión permaneceu unida ata a constitución (que foi a primeira en Europa e segunda no Mundo ) de maio de 1791, a cal aboliu todas as subdivisións dos estados e fundiuse no reino de Polonia. Con todo, o novo estado foi anexionado despois pola Rusia Imperial, Prusia e Austria por mor das Particións de Polonia de 1795.

Tras a Revolución Rusa de 1917, ao final da ocupación alemá durante a Primeira Guerra Mundial, o 25 de marzo de 1918, os bielorrusos declararon a súa independencia por primeira vez, pero a República Popular Bielorrusa (Беларуская Народная Рэспубліка) durou pouco e non puido seguir sendo independente. Na Bielorrusia actual a independencia da BNR non é considerada un feito de importancia, pero a oposición ao presidente Lukashenko celebra o 25 de marzo anualmente.

En 1919, foi declarada a RSS Bielorrusa, que en 1922 converteuse nun dos membros fundadores da URSS.

Na Segunda Guerra Mundial, Bielorrusia foi a primeira república soviética en ser ocupada pola Alemaña nazi entre 1941 e 1944. Logo da derrota alemá, contoulla entre os membros fundadores da ONU en 1945, ofrecendo representantes separados dos da URSS.

A súa proximidade con Moscova obrigou a Bielorrusia a converterse en destino de millóns de refuxiados, desprazados pola durísima política de recolocación de poboacións durante o goberno de Xosé Stalin.

Tras 20 anos de padecementos económicos, Bielorrusia conseguiu converterse dun país agrícola a un industrial e de posuír un 90% de campesiñado a ostentar a maioría da súa poboación ocupada na produción industrial.

Ata 1985, os seus representantes votaron solidariamente cos dos rusos no Partido Comunista Soviético, pero logo comezou a tomar camiños independentes.

Bielorrusia declarou a independencia da URSS o 27 de xullo de 1990 e se fixo efectiva ao ano seguinte tras a caída definitiva do sovietismo. A continuación, o país asinou un importante acordo de cooperación económica coas tamén ex repúblicas soviéticas de Casaquistán e Usbequistán.

O 8 de decembro de 1991, os líderes de Rusia (Boris Yeltsin), Ucraína (Leonid Kravchuk), e Bielorrusia (Stanislav Shushkevich) reuníronse en Belavezhskaya Pushcha (Bielorrusia), para emitir unha declaración pola que a URSS foi disolta e substituída pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).

Logo, Bielorrusia converteuse nunha república independente tanto de Rusia como da CEI. O seu primeiro presidente, Aleksandr Lukashenko, viuse cercado por acusacións de violacións aos dereitos humanos, ao que se sumou unha grave crise económica en 1998. A oposición boicoteou as eleccións de 2000, pero Lukashenko conseguiu ser reelecto ao ano seguinte.

Escudo da República Socialista Soviética de Bielorrusia
Bandeira da República Socialista Soviética de Bielorrusia

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Antigamente formaba unha das 15 Repúblicas Socialistas Soviéticas da URSS ata o ano 1991. Gozaba dun Soviet Supremo de 421 deputados, dos cales 319 eran bielorrusos, 69 rusos, 13 ucraínos, 4 polacos e 2 xudeus; deles, 292 eran membros do PCUS e 153 eran mulleres.

O 24 de agosto de 1991 proclamouse república independente, e o 17 de setembro tomou o nome de Bielorrusia. Adoptou unha constitución democrática o 15 de marzo de 1994, pola que establecía a forma de goberno republicana presidencialista cun parlamento de 360 deputados (reducidos en 1995 a 198). Actualmente posúe unha cámara alta composta por 64 curuis, dos cales 56 son elixidos polas asembleas rexionais e 8 polo presidente da nación. A cámara baixa ou de representantes conta con 110 deputados.

O poder executivo é exercido por un presidente, un vicepresidente e un primeiro ministro.

A lingua oficial é o bielorruso, polo menos sobre o papel, posto que o ruso é cooficial novamente desde 1995; é unha incógnita o papel oficial das outras linguas faladas ao territorio (como o polaco).

O 14 de maio de 1995 un referendo outorgou poderes ao presidente Aleksandr Lukashenko para disolver o parlamento e aumentar o grao de integración económica con Rusia. Un novo referendo, o 24 de novembro de 1996, permitía unha nova constitución que incrementaba aínda máis os poderes presidenciais.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Bielorrusia.

Actualmente Bielorrusia divídese en 6 rexións chamadas voblasts (vobłasć), que levan o nome das cidades que serven de centro administrativo. Cada un dos voblast ten un poder lexislativo provincial, chamado oblsovet (Consello do oblast), que é escolleito polos residentes de cada voblast, e un Poder Executivo Provincial, elixido o xefe polo Presidente. Os voblasts subdivídense en raións (distritos). Ao igual que os voblasts, cada raión ten a súa autoridade lexislativa propia (raisovet) que son escolleitos polos seus habitantes, e unha autoridade executiva nomeada por poderes executivos máis altos. Dende o 2002, hai seis voblasts, 118 raións, 102 cidades e 108 asentamentos urbanos.[5]

A capital Minsk é unha rexión especial. A cidade de Minsk está dirixida por un comité executivo e ten unha carta da autonomía dada polo goberno nacional.[6]

Subdivisions of Belarus.png
  1. Minsk.
  2. Rexión de Bierascie - centro administrativo: Bierascie.
  3. Rexión de Homiel - centro administrativo: Homiel.
  4. Rexión de Goradnia - centro administrativo: Horadnia.
  5. Rexión de Maguiliu - centro administrativo: Mahilou.
  6. Rexión de Minsk - centro administrativo: Minsk.
  7. Rexión de Vitebsk - centro administrativo: Viciebsk.


Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Bielorrusia.

A República de Bielorrusia está situada ao leste do continente europeo e rodeada por Rusia, Lituania, Letonia, Polonia e Ucraína.

É un estado case completamente chairo: a súa máxima altura non chega a superar os 300 m.

O país divídese en tres rexións xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos glacióxenos; a meseta boscosa central; e a parte meridional, moi pantanosa e completamente deshabitada chamada Pantanos de Prypett.

Existen en Bielorrusia máis de 4000 lagos, pantanos e ríos que cobren o 20% da superficie do país.

Cidades[editar | editar a fonte]

Lista das 10 principais cidades de Bielorrusia:

Principais cidades de Bielorrusia
Nome Nome cirílico Voblast Poboación
(2008)[7]
1 Minsk Мінск Minsk 1.830.700
2 Gómel Гомель Gómel 527.886
3 Maguilov Магілёў Maguilov 365.102
4 Vítebsk Віцебск Vítebsk 342.381
5 Goradnia Гродна Goradnia 325.162
6 Brest Брэст Brest 312.950
7 Babruysk Бабруйск Maguilov 227.000
8 Baranovichi Баранавiчы Brest 173.000
9 Borisov Бары́саў Minsk 150.700
10 Orsha О́рша Vítebsk 125.000

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é moi diferente segundo trátese das rexións occidental ou oriental do país.

Ao oeste, na zona próxima ao Báltico, chove en abundancia e a temperatura é moderada. A zona este, pola contra, é moi seca e padece grandes variacións de temperatura.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Bielorrusia.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Bielorrusia sofre dous grandes problemas ambientais: a contaminación química da terra polo exceso de pesticidas, e unha continua e elevada taxa de radioactividade produto do accidente sufrido en 1986 pola central nuclear de Chernobyl (Ucraína).

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Bielorrusia.
Evolución da poboación do país entre 1992 e 2003, en miles de habitantes.

Bielorrusia é etnicamente homoxénea: está poboada principalmente por bielorrusos (81,2%), rusos (11,4%), polacos (3,9%), ucraínos (2,4%) e outros (1,1%) (2001).

A maioría dos indicadores demográficos son similares aos doutros países europeos, talles como a taxa de crecemento da poboación e a taxa natural de crecemento negativa.

Nos últimos doce anos a Igrexa Greco-Católica de Bielorrusia cuadriplicou o número das súas parroquias, ata un total de 432, agrupadas en catro diocese. O 80% da poboación profesa esta crenza (200). Tamén hai adeptos á Igrexa Ortodoxa, é a súa maioría os rusos.

O 69,5% dos habitantes teñen entre 15 e 64 anos de idade (2005) e o analfabetismo é sumamente baixo: soamente o 0,4% en 2003.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deporte de Bielorrusia.

O actual personaxe ilustre de bielorrusia é o xogador do Arsenal Alexander Hleb.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Bielorrusia.

O notable poeta bielorruso Adam Mickiewicz, amigo de Frédéric Chopin e nacionalizado polaco, foi un dos principais líderes do movemento independentista polaco respecto de Rusia. Tamén podemos destacar a Yanka Kupala (Iván Dominikovich Lucevich) que foi o creador da lingua literaria bielorrusa.

Belarús ten catro sitios declarados patrimonio mundial, con dous deles sendo compartidos entre Belarús e os seus países veciños. Os catro son: O complexo do Castelo Mir; O castelo Niasvizh; a Belovezhskaya Pushcha (compartida con Polonia); e o Arco Xeodésico de Struve (compartido con Estonia, Finlandia, Letonia, Lituania, Noruega, Moldavia, Rusia, Suecia e Ucraína).

A dieta típica dos bielorrusos inclúe o pan, as papas, o repolo e o porco. Os bielorrusos tamén tenden a comer pequenas porcións de comida na mañá aínda que se serven comidas moi abundantes ao xantar e cear. Algúns dos pratos máis amplamente servidos en Belarús inclúen ao "kotleta po krestyansky", unha mestura de costela de porco servida en salsa de champiñóns; unha sopa chamada "shtchi" que inclúe chucrut, papas e cebola frita; e o "kalachi". Aos invitados estranxeiros, sérvenlles pan de centeo cun chisco de sal nun lado e élles ofrecido nun pano tradicional, chamado "rushnik".

Festas
Fecha Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Ano novo Новы год
7 de xaneiro Nadal da Igrexa Ortodoxa Каляды праваслаўныя
8 de marzo Día Internacional da muller Міжнародны жаночы дзень
15 de marzo Día da constitución Дзень Канстытуцыі Adoptado en 1994
1 de maio Día do Traballo Дзень Працы
9 de maio Día da Vitoria Дзень Перамогі Denota a vitoria contra a Alemaña Nazi na Segunda Guerra Mundial (Gran Guerra Patriótica)
3 de xullo Día da Independencia Дзень Незалежнасьці Adoptado en 1996
7 de novembro Día da Revolución de Outubro Дзень Кастрычніцкай рэвалюцыі
25 de decembro Nadal da Igrexa Católica Каляды каталіцкія
Movible Semana Santa Ortodoxa Вялікдзень праваслаўны
Movible Semana Santa Católica Вялікдзень каталіцкі
9 días logo da Pascua Ortodoxa Día de la conmemoración Радуніца

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información sobre a auga e a agricultura da FAO". FAO. http://www.fao.org/nr/water/aquastat/countries/belarus/index.stm. Consultado o 2008-04-04. 
  2. Europa Publications Limited, "Eastern Europe and the Commonwealth of Independent States, Volume 4", Routledge, 1999, pg. 182, [1]
  3. Albert Axell (2002). Russia's Heroes, 1941–45. ISBN 078671011X. 
  4. "About Belarus – Population". 2003. http://un.by/en/aboutbelarus/population/. Consultado o 3 de agosto de 2010. 
  5. Fernando Duarte Carvalho; North Atlantic Treaty Organization (2004). Defence Related SME's: Analysis and Description of Current Conditions. ISBN 1586034081. 
  6. "About Minsk". http://www.minsk.gov.by/cgi-bin/gor_ind.pl?&lang=eng. Consultado o 3 de agosto de 2010. 
  7. The Ministry of Statistics and Analysis of the Republic of Belarus
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bielorrusia