David de Dios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David de Dios
Información persoal
Nome David de Dios Arana
Nacemento 24 de xaneiro de 1981 (43 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Información de club
Club actual Coruxo (ad.)
Adestrador
Anos Equipos
2004–2017 Cantera RC Celta
2020-2022 Rápido de Bouzas
2023 Rápido de Bouzas
2023- Coruxo
editar datos en Wikidata ]

David de Dios Arana, máis coñecido como David de Dios, nado en Vigo o 24 de xaneiro de 1981, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

David de Dios Arana chegou ó RC Celta no verán do 2004 con 23 anos para emprender unha longa etapa nas categorías inferiores do club. O seu primeiro gran posto dentro da canteira celeste foi en 2012/2013 cando se fixo cargo do Xuvenil A. No seu primeiro ano adestrando na División de Honra o Celta gañou o campionato, sendo o seu conxunto o mellor Xuvenil A da historia da entidade tras conseguir 79 puntos en trinta xornadas de liga. Neste conxunto estaban xogadores de renome como Santi Mina e David Costas.[1] O equipo clasificouse para a Copa de Campións, disputada en Vigo. Grandes vitorias ante o Real Madrid e o Villarreal CF catapultaron os celestes á final, na que se impuxeron pola mínima ao Sevilla Fútbol Club.

Tras esta experiencia a David ascendérono ao Celta B o máximo filial de referente con moitos dos seus vellos xogadores. A tempada sería mala e só prosperada a vía administrativa puido o filial celeste manterse en Segunda B.

Cun pouco máis de experiencia, David regresou ó Xuvenil A na tempada 2014/2015. Dous anos máis tarde renovou o seu vello título de liga e participou na Copa de Campións caendo nas semifinais ante o Rayo Vallecano de Madrid . Na súa tempada final David erguería novamente os ánimo da canteira acadando outro título da División de Honra así como deixando pegada na Copa do Rei e de Campións.

En xullo de 2020 De Dios finalmente abandona a canteira celeste, optando polo Rápido de Bouzas como o seu primeiro equipo fóra daquel mundo co obxectivo de medrar coma adestrador. A pesar do bo xogo durante eses dous exercicios no conxunto ao non acadar o playoff De Dios sería destituído poñendo fin á súa primeira étapa no conxunto de Bouzas.[2] [3]

Medio ano máis tarde retornaría coincidindo cunha profunda renovación do Rápido de Bouzas carvando unha estrutura máis sólida na pugna polo ascenso a Segunda RFEF, De Dios impulsou o conxunto cara ao playoff, mais sería o Racing Club Vilalbés quen levaría o encontro e, ao final, o posto de promoción.[4]

Co play-off aínda na memoria De Dios ficharía polo Coruxo FC, pasando a adestrar na Segunda RFEF ao substituír a Javier Maté para a tempada 2023/2024.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David de Dios poñe fin á una etapa de 12 temporadas en la canteira celeste". [[1]] (en castelán). 17 de xuño 2017. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  2. "David de Dios decide dejar el Celta juvenil". Atlántico (en castelán). 17 de xuño 2017. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  3. "David de Deus volve ao banco do Rápido". La Voz de Galicia. 17 de xaneiro 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  4. "O Racing Vilalbés remonta e xogará a segunda rolda polo ascenso". FutbolinLugo. 8 de maio 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024. 
  5. "David de Deus será o novo adestrador do Coruxo". La Voz de Galicia. 8 de xuño 2023. Consultado o 24 de marzo de 2024.