O Centro Cultural e Deportivo Cerceda foi un club de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968, pasou case a metade dos seus 50 anos de existencia na Terceira División, chegando a xogar na súa derradeira campaña na Segunda División B. Desapareceu en 2018, sumido en graves problemas económicos. O seu campo de fútbol era o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.
Dende 1994 ata 2017 xogou ininterrompidamente na Terceira División, sen descender nin un só ano a Preferente. En catro ocasións gañou a competición de Terceira División, nas tempadas 1995–96, 2002–03, 2003–04 e 2010–11. Xogou a promoción de ascenso a Segunda B en 13 ocasións. As primeiras foron:
en 2004, contra o Navalcarnero, equipo que finalmente ascendería, contra o que perdeu en primeira rolda 1-0 e 0-0 [4].
Na tempada 2010–11 resultou campión da categoría, xogando a fase de ascenso como primeiro de grupo. Na primeira rolda caeu contra o UE Llagostera (0–3, no global), pero podendo xogar a segunda ao ser campión. Na segunda rolda caeu contra o UD San Sebastián de los Reyes (2–3, no global), sendo eliminado definitivamente.
Na tempada 2016-17 ascendeu por fin a Segunda B tras perder na terceira eliminatoria do play-off, pero aproveitando o descenso administrativo do Boiro. Os 133.000€ neesarios para conseguir a praza foron achegados polo CD Lugo, que pasou a xestionar o club.[5] O equipo acabou de último no seu grupo, e ademais foi descendido a Preferente polos seus problemas para pagar aos xogadores. Finalmente anunciou que non se inscribiría en ningún equipo na tempada 2018/19, poñendo fin así á súa historia.[6][7]