Club Deportivo Burela Fútbol Sala
Burela Pescados Rubén | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Burela Fútbol Sala | ||
Alcume(s) | A marea laranxa | ||
Fundación | 2001 | ||
Estadio | Estadio Municipal de Vista Alegre | ||
Capacidade | 1.200 | ||
Presidente | Manuel Blanco Fanego | ||
Adestrador | Sito Rivera | ||
Liga | Primeira División | ||
2019/20 | 16º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Pescados Rubén | ||
Na rede | |||
http://www.burelafs.org | |||
| |||
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego de fútbol sala fundado en 2001 en Burela. Actualmente xoga na Primeira División.
Xogou cinco tempadas consecutivas na Primeira División entre 2012 e 2017, acadando na tempada 2013/14 un sétimo posto que lle permitiu xogar o play-off polo título, no que foi eliminado en cuartos de final.
Tamén ten un equipo feminino, o CD Burela FSF, que xoga na máxima categoría.
Historia
[editar | editar a fonte]O conxunto laranxa xurdiu en setembro de 2001 en Burela froito do xerme do antigo equipo da localidade, o Cefire Burela FS, trasladado á localidade veciña de Viveiro tras o seu paso pola División de honra na tempada 1999/00.
Iniciou a súa andaina en Primeira Nacional B pero nas súas dúas primeiras tempadas de existencia conseguiría dous ascensos consecutivos que o colocarían na División de Prata. En devandita categoría xogaría ata sete veces a promoción de ascenso a Primeira División, categoría na que debutou na tempada 2012/13. Militou cinco tempadas na elite do fútbol sala española ata que descendeu na 2016/17. Con todo, regresou a Primeira só dous anos despois, co ex xogador Juanma Marrube como adestrador..
Entre os socios de honra do club figuran: os futbolistas Ronaldinho e Fran, o ciclista Óscar Pereiro, o xornalista Terio Carrera e o seleccionador nacional de fútbol sala José Venancio López.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|