Jacobo Montes
Nome orixinal | Jacobo Montes Couñago |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1977 ![]() Redondela, España ![]() |
Actividade | |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Jacobo Montes Couñago, nado en Redondela o 20 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol dende neno no Choco da súa vila natal, e xogou co primeiro equipo, chegando a coincidir co seu irmán Marcos.[1] Pechou a súa carreira como futbolista no Arcade, onde tivo como adestrador a seu irmán.[1]
Comezou a súa carreira como adestrador no Arcade, ao que dirixiu dous anos en Primeira Autonómica, antes de converterse no 2011 no adestrador do Choco en Preferente. Adestrou durante catro anos o club de Redondela, conseguindo o ascenso á Terceira División na tempada 2012/13, e levando o equipo a disputar a primeira fase de ascenso a Segunda B da súa historia na campaña 2014/15.[2] Deixou o equipo en xuño de 2015, sendo substituído polo seu irmán Marcos.[3]
Na tempada 2015/16 adestrou o Alondras, tamén en Terceira, mentres que na seguinte tempada os malos resultados fixeron que deixase o club en novembro.[4] Posteriormente traballou no Coruxo como segundo adestrador, collendo as rendas do equipo en maio de 2018, trala destitución de Rafa Sáez.[5] Conseguiu manter o equipo na Segunda B, superando na fase de permanencia ao Mérida.[6] Na seguinte tempada acadou o 10º posto.[7] Durante esta época comezou a traballar con el seu irmán Marcos, como segundo adestrador.
Na tempada 2019/20 dirixiu o Celta de Vigo B na Segunda B, pasando na seguinte ao Guijuelo, da mesma categoría. Foi destituído do club salmantino en febreiro de 2021,[8] e en decembro regresou ao Coruxo, na Segunda División RFEF, tralo cesamento de Gonza.[9] A súa volta deulle folgos a un Coruxo que se clasificou para o play-off de ascenso a Primeira División RFEF tras acadar a cuarta praza, se ben foi o equipo foi superado polo Peña Deportiva de Manolo González, nun partido cunha expulsión rigurosa de Youssef Al Watani no minuto 88 e dous goles da Peña Deportiva na prórroga.[10] Jacobo volveu dirixir o Coruxo, máis os resultados acadados foron ben dispares, e foi destituído tras unha derrota por 2-1 no Vao co filial do Racing de Santander na xornada 23, co equipo en postos de play-off de permanencia con 29 puntos (7 vitorias, 8 empates e 8 derrotas).[11]
En xuño de 2023 os irmáns Montes regresaron ás categorías inferiores do Celta de Vigo para adestrar o equipo Cadete A.[12]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Choco
- Copa Deputación de Pontevedra (1): 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Vázquez Fraga, Míriam (3 de setembro de 2014). "Destinados a reencontrarse". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes abandona el Choco "en lo más alto de la ola" para buscar "nuevos retos"". Faro de Vigo (en castelán). 9 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vázquez Fraga, Míriam (13 de xuño de 2015). "Marcos Montes: «Entendía que no era el momento, pero el club quería que fuera yo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes presenta su dimisión en el Alondras". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Coruxo inicia la era Jacobo Montes". Faro de Vigo (en castelán). 3 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Mérida desciende a Tercera". Marca (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes encabeza el nuevo proyecto del Celta B". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Guijuelo destituye a Jacobo Montes" (en castelán). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes regresa al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes regresa al Coruxo". La Voz de Galicia. 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes non continuará a cargo do Coruxo". La Voz de Galicia. 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Jacobo Montes regresa al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 3 de decembro de 2021. Consultado o 28 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en LaPreferente.com (en castelán).