Youssef Al Watani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Youssef Al Watani
Información persoal
Nome Youssef Al Watani
Nacemento 3 de marzo de 1995 (29 anos)
Lugar de nacemento Rabat
Posición Extremo
Información de club
Club actual Burgos CF
Carreira xuvenil
Anos Equipos
2015 Celta B
editar datos en Wikidata ]

Youssef Al Watani, nado en 1995 en Rabat, é un futbolista que xoga na demarcación de extremo esquerdo. Está apadriñado polo futbolista vigués Míchel Salgado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañador do reality show The Victorius, un programa de televisión dos Emiratos Árabes para descubrir novos talentos futbolísticos, e cuxo premio era ter a oportunidade de dar o salto ao fútbol europeo.[1] O concurso, dirixido por Maradona e Míchel Salgado, levou ao xogador a recalar na Juventus, na que estivo a proba. En 2014, Al Watani chegou a Vigo para xogar no Celta de Vigo B, xogando 150 minutos no grupo I da Segunda División B. Na tempada 2014-2015 fichou polo Rápido de Bouzas.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vavel (ed.). "Youssef Al Watani, 'el Victorioso’, se pone a prueba en el Celta B.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  2. Faro de Vigo (ed.). "Youssef Al Watani múdase a Bouzas.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  3. Canteira Celeste (ed.). "El extremo Youssef Al Watani se va cedido al Rápido de Bouzas.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]