O estadio Romano é un estadio de fútbol de propiedade municipal localizado en Mérida, España. Construíuse en 1954 e reconstruíuse na súa totalidade en 1995, con motivo do ascenso do Club Polideportivo Mérida a Primeira División. En setembro de 1997 bautizouse como Estadio Romano José Fouto,[1] en homenaxe a José Fouto Carvajal, presidente que levou ao club de Terceira a Primeira División. Tras a desaparición deste equipo, a finais do ano 2000, recuperou o seu nome orixinal.[2] Ten capacidade para 14 600 espectadores.
Reinaugurouse nun partido oficial entre o CP Mérida e o Real Betis, na primeira xornada da Primeira División de España 1995/96. Antigamente neste terreo atopábase o estadio Municipal de Mérida, inaugurado en 1954, que contaba cunha pista de atletismo e unha capacidade para 8.000 espectadores. A Xunta de Estremadura foi quen levou a cabo a remodelación, construíndo uns novos fondos e remodelando ambas tribunas, eliminando a pista de atletismo e mellorando os accesos, iluminación, son, céspede natural, seguridade, dotando de cubertas ás dúas tribunas e adoptando a actual denominación.