Seteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balcón con seteira en cruz (Castelo de Rauzan, Francia).
Seteira con troneira (Castelo de Penela, Portugal).

Unha seteira, en arquitectura militar, é unha abertura ou un rebaixamento na muralla, que na súa concepción primitiva permitía aos defensores (arqueiros, besteiros) lanzar setas.

Bastante empregada na arquitectura medieval, pode ser descrita como un van na albanelaría na forma dunha faixa ou fiestra vertical, cuxa altura corresponde a aproximadamente cinco veces a súa largura. En xeral, posúe peitoril de aproximadamente trinta centímetros e a súa lumieira dista aproximadamente trinta centímetros do teito.

Conforme o período construtivo e a súa rexión pode ser simple ou en cruz. Coa introdución das armas de fogo, a partir do século XIV, algunhas presentan adaptación para tiros de arcabuz, mosquete ou pequenos canóns. Os vans circulares abertos para esas primitivas pezas de artillaría son chamados troneiras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]