Saltar ao contido

Ponte do Eume

Ponte do Eume
Cabanas Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Transporte
 Permite o paso de
Localización
 Situado en
 Atravesa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 33952Enciclopedia Galega Universal: 123812
Wikidata C:Commons

Ponte do Eume, tamén chamada ponte de Pedra, é unha construción que comunica os concellos de Cabanas e Pontedeume, a través do río Eume.

A primeira referencia escrita é de 1162 e refírese a unha ponte de madeira. Porén xa debía existir desde tempo inmemorial para comunicar ambas marxes do río, habitadas desde tempos remotos. A finais do século XIV, Fernán Peres de Andrade, O Boo, mandou construír unha ponte de cantería. Dita ponte tiña 78 arcos e dúas torres, sendo unha das máis longas de Europa[1]: entre os arcos 8º e 9º a Torre da Ponte, e entre os arcos 40º e 41º a Torre do Risco. Entre os arcos 2º e 3º estaban, sobre unhas peañas, os símbolos de Fernán Peres: o oso e o xabarín. Ao final da ponte había un cruceiro. Tamén había un hospital de peregrinos entre os arcos 19º e 20º. A ponte foi reparada en varias ocasións dos estragos que ocasionaban as crecidas do río, mais non puideron evitar a deterioración progresiva da ponte. Así, desaparece o hospital entre 1791 e 1820 e en 1843 desaparecen as torres e os símbolos dos Andrade.

Finalmente, derrúbase a ponte e constrúese unha nova entre 1863 e 1873, inicialmente con 11 arcos que se amplían progresivamente ata os 15 actuais. O oso e o xabarín da ponte de Fernán Peres están hoxe en día no claustro do convento de Santo Agostiño (actual casa da cultura de Pontedeume).

Ata a inauguración da AP-9 Guísamo-Ferrol en 2003 foi a ponte o principal acceso pola costa a As Pontes e Ferrol dende A Coruña e Betanzos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]