Praia de Ver
Aparencia
| Praia de Ver | |
|---|---|
| 43°23′50″N 8°12′42″O / 43.397353, -8.211711 | |
| Características xerais | |
| Localización | Boebre (Pontedeume) |
| Lonxitude | 285 m |
| Grao de ocupación | Alto |
| Grao de urbanización | Semiurbano |
| Características específicas | |
| Tipo de praia | Rectilínea |
| Tipo de area | Branca e fina |
| Condicións do baño | |
| Zona de fondeo | Admítese |
| Accesibilidade | |
| Tipo de acceso | Estrada |
| Sinalización do acceso | |
A praia de Ver é unha praia situada na parroquia de Boebre, no concello coruñés de Pontedeume. Está situada nun contorno semiurbano por mor da construción na década de 1970 dunha urbanización de pisos e apartamentos, con hotel e cafetería, a escasos metros da praia. En cumprimento da Lei de Costas, o hotel e maila cafetería foron derrubados en 2008[1].
Dispón de duchas de auga doce, e na súa contorna hai dous campings que abren en temporada estival, unha tenda de alimentación e unha cafetería.
Debido a que está ben protexida dos ventos e que as súas augas son tranquilas, está moi concorrida no verán. Está comunicada coa capital do concello mediante un servizo regular de autobuses.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nuria Rodríguez (03/12/2008). La Opinión, ed. "El Mar Molino ya es escombros" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turgalicia (ed.). "Praia Ber en Pontedeume". Consultado o 19 de xullo de 2014.