Investimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O investimento económico[1] ten varios significados relacionados entre si no eido empresarial, financeiro e económico, e tamén está relacionado co aforro ou o aprazamento de consumo. Conceptualmente, o investimento diferénciase tanto do consumo como do aforro: con respecto a este último, porque é un gasto, un valor aproximado de desembolso, e non unha reserva ou cantidade de diñeiro retido; no que respecta ó consumo, porque non está dirixido en bens que producen utilidade ou satisfacción directa, senón a bens que son empregados para producir outros bens. Porén, na práctica, tales distincións tenden a esvaecerse: hai bens que poden ser ó tempo de consumo e de investimento, segundo os fins alternativos para os cales son utilizados. O aforro, por outra banda, xeralmente é colocado no interese, co obxecto de reservalo para eventualidades posteriores, unha das cales pode ser o investimento. Máis polo miúdo, no mundo empresarial, supón aplicar recursos financeiros para a adquisición, renocación ou mellora dos elementos de activos fixos co obxectivo de mellorar a capacidade produtiva da empresa. Para un particular ou a unha institución financeira, a palabra investimento é xeralmente tomado no sentido da colocación do aforro a medio ou longo prazo, ou para a compra de activos financeiros, tales como por exemplo títulos na bolsa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MENEZES, Caldeira. Princípios da Gestão Financeira. 10ª Edição. Editorial Presença ano 2001